Como debe ser un bo personal auxiliar ou azafata?
Unha boa actitude é clave para traballar nun evento ou congreso
A miúdo veñen ata a nosa empresa persoas interesadas en comezar a traballar como persoal auxiliar e azafatas ou azafatos. Deixando de lado discusións e controversias sobre que termos usarmos para designalos… Cales cremos que son as características que deben posuír para traballar ben?
Na nosa axencia realizamos cursos periódicos de formación e de reciclaxe; e antes de cada evento mantemos encontros para preparar os traballos e coñecer -a fondo- tanto as angueiras que hai que desenvolver como o palacio de congresos ou recinto onde se vai a levar a cabo.
Evidentemente, esas leccións non poden substituir á formación regrada pero supoñen un bo complemento á hora de encararmos os nervios antes dun primeiro congreso.
Seica, o mellor consello que se pode dar é que o traballo de auxiliar de Relacións Públicas é, en boa medida, unha cuestión de actitude.
A clave está nas ganas de axudar, de moverse, para que un congreso ou evento vaia adiante do mellor xeito posible.
Temos que ter moi claro que a idea de azafata coma unha case modelo sobre taconazos e sorriso de anuncio… é un tópico machista contra o que hai que loitar.
Un bo aspecto é algo secundario respecto a ser un bo traballador.
E os mellores equipos de persoal auxiliar, polo menos para nós, son sempre mixtos, con mulleres e homes traballando xuntos.
Outro apuntamento, quen empeza no sector de Relacións Públicas debe ter claro que isto non é un pasatempo para sacarse un diñeiro extra.
Cómpre ter un compromiso; é un traballo e como tal hai que tomalo, asumindo responsabilidades.
Volvendo ao titular do noso artigo, deixamos unha lista de características que axudan a ser un bo persoal auxiliar. Se puidésemos xuntalas nunha batedora, conseguiriamos unha “superazafata”.
Lista de atributos para ser un bo persoal auxiliar ou azafata, do A ao Z
- Anticiparse ás necesidades
- Atención ao detalle, facendo as cousas con xeito
- Coñecemento do recinto e máis da cidade onde se desenvolve o evento ou congreso
- Coñecementos de idiomas (non imprescindible)
- Discreción
- Dotes comunicativas
- Eficiencia, saber escapulirse de situacións dun modo rápido e co menor número de “viaxes” posible
- Organización
- Paciencia fronte os desaxustes, imprevistos e impertinencias
- Perspicacia e curiosidade
- Puntualidade
En definitiva, para sermos unha bo azafata ou azafato fan falla moitas ganas e termos os ollos ben abertos.