XVIII Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual

premiados mestre mateo 2019 foto de Aigi Boga

A Academia Galega do Audiovisual entregou os seus XVIII Premios Mestre Mateo o sábado 2 de marzo

O Palacio da Ópera da Coruña acolleu os XVIII Premios Mestre Mateo, da Academia Galega do Audiovisual.

Na gala, a película A Sombra da lei -dirixida por Dani de la Torre e de Vaca Films Studio, Atresmedia Cine, La Ley del Plomo AIE e Playtime Production Sarl-  acadou 10 galardóns.

Sonia Méndez foi a directora desta edición, que estivo conducida  por Camila Bossa, David Amor, Xúlio Abonjo, Fernando Epelde e Carolina Iglesias -Percebes y Grelos.

A ambientación e o vestiario estiveron inspirados pola ciencia ficción.

O listado de premiados e toda a información sobre evento está dispoñible no portal web da Academia Galega do Audiovisual.

No portal web da Televisión de Galicia é posible volver ver a retransmisión televisiva.

A empresa de organización de eventos Trevisani volveu colaborar un ano máis nesta Gala de Premios Mestre Mateo.

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *