Santiago acolleu os encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares PLAMBE 2018/19
O evento reuniu no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia a uns 1.000 responsables de bibliotecas escolares
Os días 21 e 22 de marzo, o Palacio de Congresos e Exposicións en Santiago acolleu os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares do curso 2018/2019.
Este evento, artellado dende a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia, xuntou a unhas 1.000 persoas; responsables e coordinadores de bibliotecas escolares dos 679 centros educativos galegos que están integrados no PLAMBE.
Interviron expertos en diversos ámbitos relacionados coas biblioteca, a literatura, a comunicación, o patrimonio, a mediación lectora, as competencias informacionais e mediáticas, a tecnoloxía educativa e a produción audiovisual.
Ademais, os centros presentaron 26 experiencias de diversos contidos.
Entre eles:
Funcionamento da biblioteca escolar, “hora de ler”, voluntariado, biblioteca inclusiva, espazo creativo, proxecto lector, Radio na biblio, clubs de lectura, traballo por proxectos…
A poesía estivo presente da man de Mar Benegas, Montse Pena e Carlos Negro; e o relatorio de clausura foi da xornalista Rosa María Calaf.
PLAMBE
O Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares está enmarcado no o Plan LÍA de bibliotecas escolares para o período 2016-2020.
O seu obxectivo é incentivar e impulsar o desenvolvemento de proxectos de biblioteca escolar que persigan a dinamización deste espazo como un centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe, na que se incorporen espazos para a creación, a aprendizaxe manipulativa, a investigación, o traballo colaborativo e a construción do coñecemento de xeito compartido.
Tarefas de Trevisani nos Encontros PLAMBE 2018/19
Dende a empresa de organización de congresos Trevisani se traballou en tarefas como:
- Persoal auxiliar e azafatas
- Deseño e adaptación de imaxe
- Xestión e coordinación de relatores
- Secretaría técnica
- Distribución e xestión de materiais