XI Olimpiada Española de Economía, na Universidad Complutense

Inauguración de la XI Olimpiada de Economía en Madrid

Trevisani encargouse da secretaría técnica deste gran evento

A Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales da Universidad Complutense de Madrid organizou e acolleu a XI edición da Olimpiada Española de Economía, os días 25, 26 e 27 de xuño.

Nesta edición, a olimpíada económica contou coa participación de 134 estudantes procedentes de 123 institutos de ensino secundario do conxunto de España.

Os cinco primeiros clasificados acudirán a a Olimpíada Internacional de Economía, que se celebrará en San Petersburgo (Rusia) do 23 de xullo ao 21 de agosto.

Tamén estiveron presentes 64 profesores de secundaria e 61 das 45 universidades organizadoras.

Designouse á Universidad Pablo Olavide de Sevilla como anfitrioa da fase final da próxima edición.

A cita en Madrid seguíu á celebrada en 2018 en Santiago de Compostela.

O bo sabor de boca deixado pola edición en Galicia propiciou que a empresa de organización de eventos Trevisani volvese ser requirida para a organizada desde a Universidad Complutense.

Un amplo programa para un evento de altura

O acto inaugural da Olimpiada celebrouse no Paraninfo de San Bernardo, coa asistencia da ministra Nadia Calviño e o reitor da Complutense Joaquín Goyache.

Os participantes visitaron o parqué da Bolsa de Madrid, onde se desenvolveu o cóctel de benvida.

No programa social tamén foi salientable a actuación do elenco do musical Sister Act.

A cea de gala foi na Galería de Cristal do Palacio de Cibeles, sede oficial do Ayuntamiento de Madrid.

No acto de clausura participaron o director general de Planificación y Gestión Educativa do Ministerio de Educación, Diego Fernández; e mailo viceconsejero de Economía y Competitividad da Comunidad de Madrid, Javier Ruiz.

Fins da Olimpiada Española de Economía

A Asociación Olimpiada Española de Economía ten tres fins principais:

  • a divulgación dos estudos de Economía e Economía da Empresa
  • premiar o esforzo e a excelencia académica dos estudantes de bacharelato
  • establecer e fortalecer vínculos estables entre o ensino universitario e outros niveis educativos

A profesora da Universidad de Valencia, Mari Luz Marco é a presidenta da Asociación Olimpiada Española de Economía.

Angueiras de Trevisani na XI Olimpiada Española de Economía

Entre as funcións de Trevisani neste evento estiveron:

  • Secretaría técnica
  • Administración xeral do evento
  • Xestión de hoteis
  • Coordinación xeral

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *