O Fórum Gastronómico de Barcelona contará con firmas senlleiras

 

Este evento gastronómico celebrarase do 18 ao 20 de novembro de 2019 na Fira de Barcelona

A edición 2019 do Fórum Gastronómico Barcelona confirma as súas previsións de participación e será a máis grande celebrada ata o momento.

O evento terá lugar entre o 18 e o 20 de novembro.

Por iso, desde a súa organización, prevese que a súa superficie expositiva medre un 100% respecto a a última edición celebrada en Barcelona en 2016.

Alcanzará preto de 6.000 metros cadrados no pavillón 8 do recinto Montjuïc de Fira de Barcelona, dos que xa se reservaron máis da metade.

A boa marcha da comercialización confirma a gran acollida que este salón profesional está a ter por parte do sector do foodservice, a alimentación e o equipamento hostaleiro.

Empresas senlleiras xa confirmaron a súa participación como expositores neste evento, que espera abrirse a novos mercados.

O Fórum Gastronómico Barcelona terá lugar en anos alternos con Alimentaria e Hostelco, polo que Barcelona contará cada ano cunha gran feira relacionada coa alimentación e o foodservice.

Será, xa que logo, un espazo de traballo no que participarán os principais axentes nacionais e internacionais do mundo da gastronomía e facilitará as reunións de negocios e o intercambio de ideas.

Palabras do codirector do evento, Jaume von Arend

Segundo Jaume von Arend, codirector de Fòrum Gastronòmic S. L., “estamos moi satisfeitos coa gran acollida do Fórum por parte de empresas que xa se inscribiron.

Por unha banda, repiten moitas das que xa coñecían o evento doutras edicións, o que demostra que no Fórum xérase negocio.

Pero tamén están a interesar novos expositores que ven Barcelona como un gran escaparate que amplía fronteiras”.

Ademais, von Arend sinala que “completada a primeira fase, estamos a traballar para ampliar a oferta e conseguir chegar a todos os sectores do foodservice, de modo que os visitantes teñan unha ampla oferta de produtos.

E por suposto, sen esquecer aos pequenos produtores que forman parte do ADN do Fórum”.

Os mellores profesionais, neste evento

Cociñeiros, xefes de sala, catadoras, pasteleiros, artesáns e outros profesionais do sector da alimentación daranse cita nos diferentes escenarios do recinto (Auditorio, Ágora e Talleres).

Ofreceranse desde sesións temáticas a presentacións de produtos e servizos.

Así pois, ademais dun escaparate de produtos, novidades e tendencias do sector, o evento funcionará como un gran espazo de divulgación das últimas innovacións no ámbito da gastronomía e o foodservice.

Propostas especializadas

O Fórum Gastronómico incluirá propostas especializadas como:

  • Foro Viño, que acollerá os relatorios dos mellores enólogos, viticultores, sumilleres e prescritores
  • Foro Doce, un espazo de divulgación que terá como eixos centrais a pastelería, a xeadería e a panadería
  • Foro Empresa, unha xornada destinada á xestión empresarial e hostaleira, na que se abordarán temas de actualidade desde diferentes puntos de vista.

Fórum Gastronómico Barcelona e Alimentaria Exhibitions

Fórum Gastronómico Barcelona será o primeiro organizado por Fira de Barcelona, a través da súa sociedade Alimentaria Exhibitions, conxuntamente con Fòrum Gastronòmic.

Nado no 1999, o Fórum Gastronómico celebra este 2019 os seus 20 anos de vida.

Ademais de Barcelona, tamén se celebra en Xirona e A Coruña.

Pola súa banda, Alimentaria Exhibitions conta cunha carteira de salóns entre os que destacan Alimentaria Barcelona, Barcelona Wine Week, Alimentaria FoodTech, Alimentaria & Horexpo Lisboa e Expo ANTAD & Alimentaria México.

A empresa de organización de eventos Trevisani é delegación en Galicia de Fórum Gastronómico.

O último Fórum Gastronómico, na Coruña, foi un grande éxito.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *