Santiago de Compostela acolle TWEPP 2019, Congreso de Electrónica para a Física de Partículas
A Facultade de Química da Universidade de Santiago impulsa o congreso Twepp 19, do 2 ao 6 de setembro
A empresa de organización de eventos Trevisani traballa na conferencia temática en electrónica para física de partículas Twepp 19, organizada dende a Facultade de Química da USC.
Este congreso científico está promovido polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías e a USC, co apoio do Cern e conta con 200 inscritos.
O programa social deste evento utilizará distintos emprazamentos da capital de Galicia como a Praza do Obradoiro ou o Mercado de Abastos.
Dende o gabinete de comunicación da universidade sintetizan a importancia do Twepp 19:
“O programa científico deste evento céntrase en todos os aspectos da electrónica con aplicación para os experimentos de física de partículas e a instrumentación do acelerador.
Os experimentos de LHC e a súa experiencia operativa continúan a ser un dos eixos centrais deste reunión, que tamén prestará especial atención ao I+D para futuros experimentos.
A celebración desta conferencia temática en electrónica para física de partículas en Santiago de Compostela permitirá a investigadores e profesionais de prestixio internacional analizar e debate sobre as últimas innovacións neste eido, ao tempo que tamén favorecerá o intercambio e coñecementos e liñas de traballo a través de diversas comunicacións orais, presentacións e sesións de pósters.
Alén dos relatorios programados no marco deste foro científico, cuxo comité de organización local está coordinado polo profesor Pablo Vázquez, a Twepp2019 servirá tamén de escenario para a presentación de numerosas contribucións por parte de empresa e grupos de investigación”.
Trevisani encárgase da secretaría xeral deste congreso científico.