O 50 aniversario dos estudos de economía en Galicia porá o ramo o 28 de novembro

facultad económicas universidad santiago eventosA xornada de clausura do 50 aniversario dos estudos de economía en Galicia contará con eventos coma unha mesa redonda e exposición de portadas sobre “Os 50 anos de Economía Galega na prensa” e as presentacións do Catálogo de obras de arte da Facultade e dun número especial da Revista  Galega de Economía

A conmemoración dos 50 anos dos estudos universitarios de economía e empresa en Galicia encara a súa clausura cunha xornada repleta de actividades que se celebrará na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC o mércores 28 de novembro.

A empresa de organización de eventos e congresos Trevisani traballa nos actos deste aniversario.

Programa da xornada de peche

A xornada iniciarase cunha reunión do Comité Consultivo da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

O Salón de Graos acollerá, desde as 11:00 horas, a presentación do Catálogo de obras de arte da Facultade, coa participación do catedrático e exdecano do centro José Carlos de Miguel e de José Manuel García Iglesias, catedrático de Historia de Arte Moderna e Contemporánea.

Ás 11:30 horas chegará a presentación do número extraordinario da Revista  Galega de Economía, que recolle as participacións e conclusións do Congreso  “50 anos de economía galega”, celebrado o mes de abril dentro do calendario de actividades do aniversario. Estarán presentes María del Carmen Guisán, directora da Revista  Galega de Economía; e o catedrático de Facenda Pública Luís Caramés.

Os 50 anos de Economía Galega na prensa

A mesa redonda “Os 50 anos de Economía Galega na prensa”, desde as 12:10 horas, contará con Xosé Ramón Pousa, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación; os profesores  Xaime Barreiro e José Antonio Varela; e os xornalistas Sofía Vázquez (La Voz de Galicia) e  Xavier Cea (El Correo Gallego).

Precisamente o tratamento da economía pola prensa é o eixo da exposición homónima que se inaugurará, na entrada da Facultade, a continuación.

Recolle un total de 45 portadas e de páxinas destacadas desde 1968, ano de inicio dos estudos de economía en Galicia e da inauguración da Facultade compostelá.

A mostra serve como percorrido pola historia económica e do xornalismo e contou para a súa elaboración coa colaboración de La Región, El Progreso, Faro de Vigo, El Correo Gallego e La Voz de Galicia.

Esta exposición estará exposta no centro durante os próximos meses.

Coma peche da xornada e máis do 50 aniversario dos estudos de economía e empresa en Galicia chegará o acto de clausura, ás 13:30 horas, onde participarán Antonio Lopez, reitor da Universidade de Santiago; e María Emilia Vázquez Rozas, decana da Facultade.

Máis dun ano de eventos

Rematará deste xeito un programa de máis de 12 meses de eventos, entre outros:

  • O congreso “50 anos de economía galega”;
  • A celebración da fase final da X Olimpíada Española de Economía
  • A reunión da Conferencia Española de Decanas e Decanos de Economía e Empresa (CONFEDE)
  • O Encontro de profesorado de Economía e Empresa de ensino medio e superior
  • O Encontro Universidade – Empresa  APD

Trevisani, no 50 aniversario dos estudos de economía en Galicia 

Entre os traballos da empresa de congresos Trevisani na organización do 50 aniversario están:

  • Apoio na conceptualización global
  • Secretaría técnica de congresos, reunións e presentacións
  • Xestión de relatores
  • Produción
  • Apoio en protocolo e relacións públicas
  • Deseño de imaxe e identidad gráfica
  • Comunicación dos eventos
  • Realización de entrevistas e recursos
  • Contidos para portal web
  • Creación e xestión de redes sociais
  • Azafatas e personal auxiliar
  • Apoio na procura de patrocinios
  • Elaboración de materiais

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *