Delegación do Forum Gastronómico en Galicia

organizacion-eventos-galicia-trevisani

Fórum Gastronómico e Trevisani, delegación en Galicia e coorganizadores deste evento

Desde a súa primeira edición en Galicia, celebrada en Santiago de Compostela no 2008, Trevisani está implicada na organización e produción do Fórum Gastronómico, evento de referencia no eido gastronómico a nivel internacional.

No ano 2012, Trevisani pasa de ser unha entidade colaboradora a converterse na Delegación de Fórum Gastronómico en Galicia.

Deste xeito, a empresa galega de organización de eventos e congresos é coorganizadora, xunto á firma Pep Palau, von Arend & Associats, creadores e directores do Fórum, de todos os encontros que se desenvolven cada dous anos no noso país.

Actualmente, A Coruña acolle as edicións galegas desta gran feira profesional e congreso.

A próxima edición deste evento gastronómico será en Girona, en novembro de 2017.

Tarefas de Trevisani no Fórum Gastronómico

Nun evento tan grande como é o Fórum Gastronómico, resulta complicado apuntar todas as angueiras que se levan adiante. Entre as realizadas por Trevisani, man a man con Pep Palau, von Arend & Associats, están:

  • Secretaría técnica
  • Comercialización
  • Produción
  • Protocolo e relacións públicas
  • Relación con administración e patrocinadores
  • Persoal auxiliar e azafatas
  • Control e confirmación de asistencias
  • Xestión de relatores e expositores
  • Bases de datos
  • Atención ao directo
  • Comunicación e gabinete de prensa
  • Suxestións para programa paralelo de dinamización

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *