Spin 2016
Spin é o maior evento a prol dos mozos emprendedores de Iberoamérica, Portugal y España. Spin 2016 tivo lugar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, organizado por Red Emprendia
A edición 2016 de Spin, a cita cos novos emprendedores, celebrouse na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela do 29 de setembro ao 1 de outubro de 2016.
Contou cun ambicioso programa que encheu de actividades este gran proxecto ao que se acercaron máis de 3.000 persoas.
Na clausura de Spin 2016 chegou a entrega de premios e recoñecementos aos galardonados nos programas de apoio a emprendedores universitarios Model2Market, SpinWay e SmartMoney4Stars.
Spin2016 foi unha iniciativa de RedEmprendia, coorganizada co Banco Santander, a través de Santander Universidades, a Universidade de Santiago de Compostela, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e máis a Xunta de Galicia.
Contou ademais co apoio da Deputación da Coruña, Estrella Galicia, Fundación EY, Indra, Gas Natural Fenosa, Google, Paypal, Tecnocom, a Fundación Paideia e a Cátedra UPM-Clarke, Modet & Cº España-
Tamén colaboraron máis de medio cento de organizacións públicas e privadas e universidades.
Destacado traballo de Trevisani en Spin 2016
Tal e como salientou no discurso de peche Senén Barro, presidente de RedEmprendia, a empresa de organización de eventos Trevisani xogou un destacado papel na súa posta en marcha e desenvolvemento, en facetas como:
- Secretaría técnica
- Direción de produción
- Xestión de relatores
- Control de inscricións
- Deseño de espazos e escenografía
- Arquitectura efímera
- Deseño de actividades complementarias
- Azafatas e persoal auxiliar
- Apoio en Protocolo e Relacíons Públicas
- Coordinación de voluntarios