Santiago(é)Tapas – Concurso de Tapas de Santiago

Trabajo de secretaría en Santiago é tapas, concurso de tapas de Santiago de Compostela

Organización de Santiago(é)Tapas, concurso de tapas en Santiago de Compostela

Santiago(é)Tapas é o concurso de tapas da capital de Galicia, que naceu co fin de impulsar o turismo enogastronómico en Santiago de Compostela, incentivar a cultura de tapas na cidade e fomentar a calidade das mesmas.

Celébrase desde o ano 2008 e tense posicionado como referente neste tipo de eventos chegando a estar considerado un dos eventos desta índole máis importantes de España.

Xa na súa primeira edición en 2008 e ata o 2016, a empresa de organización de eventos Trevisani estivo implicada na súa andaina.

O modelo de Santiago é Tapas foi imitado por numerosos concursos análogos dentro e fóra de Galicia.

Angueiras levadas a cabo por Trevisani

  • Búsqueda de patrocinios e colaboradores
  • Comunicación e gabinete de prensa
  • Dinamización en redes sociais
  • Xestión de premios e votacións
  • Organización de galas de peche e entrega de premios
  • Secretaría técnica
  • Atención aos establecementos, público e patrocinadores
  • Deseño de escenografías
  • Produción
  • Protocolo e relacións públicas
  • Persoal auxiliar e azafatas
  • Soporte no directo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *