LITVI. Encontro Internacional de Literatura de Viaxes

Congreso de literatura LITVI. Diseño del escenario

LITVI, un evento con congreso literario conceptualizado y organizado desde Trevisani

Dentro dos eventos promovidos directamente dende Trevisani está o Encontro de Literatura de Viaxes LITVI, levado a cabo en Santiago de Compostela.

LITVI é un encontro cultural único no mercado do libro e da literatura de viaxes, reflectida nos diferentes formatos e soportes posibles coma o propio libro, as revistas, o audiovisual e as novas tecnoloxías.

LITVI é unha oportunidade de encontro para todos os afeccionados á literatura de viaxes: usuarios de guías e manuais, seguidores de novelas ou descripcións de paraxes próximas ou remotas, amantes dos audiovisuais de viaxes e aventuras.

É unha oportunidade de intercambio para editores, produtores e autores.

É unha plataforma de coñecemento e proxección das obras existentes e das novidades que veñen de cara ao tempo de vacacións que representa o verán.

Para dar resposta a esos públicos heteroxéneos, LITVI conta cunha programación diversa e de calidade.

Áreas temáticas do Encontro de literatura de viaxes e Congreso LITVI

  • Encontro de autores no Camiño
  • Congreso LITVI “As literaturas do Camiño”
  • Ciclo de conferencias e debates
  • Feira Internacional de Dereitos para editores, axentes literarios e autores
  • Feira aberta ao público
  • Presentacións, encontros e firma de libros polos autores
  • I Festival de Fotografías Miradas
  • Laboratorio de creación Literaria
  • Maratón de fotografía: que ve a Catedral?
  • A volta ao mundo en 80 sabores
  • O libro viaxeiro
  • Un abano de actividades que fomentan o xénero e achegan LITVI a todos os rincóns de Compostela.

Autores que han pasado por el congreso de literatura de viaxes LITVI

Nas edicións celebradas ata a data do congreso de literatura de viaxes LITVI teñen participado autores, xornalistas e expertos da talla de:

Alberto Egea Fernández – Montesinos, Alexandra Panayotou, Alfredo J. Ramos, Ana María Briongos, Antonio Gala, Antonio Pérez Henares, Anxo Angueira, Camilo Franco, Carmen Becerra, César Antonio Molina, Cesáreo Sánchez Iglesias, Cristina Morató, Cristobal Ramírez, David Pintor, Dolores Vilavedra, Eduardo Riestra, Enrique Acuña, Fernando López Alsina, Fernando Martínez Laínez, Francisco Singul, Francisco X. Fernández Naval, Gabriel Pernau, Guillermo Campos Piñón, Irene Penas, Javier Reverte, John Rutherford, Jordi Lloréns Estapé, José De Cora, José Luis Corral Lafuente, José Manuel González Herrán, José María Íñigo, Josep M. Bernadás, Juan Conde Roa, Julio Llamazares, Lois Celeiro, Luis González Tosar, Luisa Castro, Manuel Bragado, Manuel Lourenzo, Margarita Ledo, Marilar Aleixandre, Marino González Montero, Pablo Arribas Briones, Paco Nadal, Paulo Caucci, Pemón Bouzas, Pere Tobaruela, Pilar Tejera, Rosa Villada, Sérgio Luis De Carvalho, Soledad Puértolas, Susana Fortes, Suso De Toro, Toti Martínez de Lezea, Tucho Calvo.

Algúns dos traballos levados a cabo por Trevisani

A empresa de organización de eventos Trevisani proxecta e executa integramente este evento, que conta con múltiples traballos:

  • Deseño de proxecto.
  • Xestión de patrocinios e sponsors
  • Creación de imaxe e aplicacións
  • Deseño de programa de actividades
  • Organización de feira profesional
  • Produción integral
  • Arquitectura efémera
  • Secretaría técnica
  • Personal auxiliar e azafatas
  • Comunicación e relación coa prensa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *