Festas Primagas de presentación

organizacion-eventos-trevisani-primagas-allariz-tristes

A Festa Primagas, celebrada en Allariz e conceptualizada por Trevisani, serviu como presentación pública en Galicia desta firma

O evento xuntou a máis de 1.000 persoas no Campo da Feira da vila alaricana e contou coa actuación musical de Os Tristes, o dúo formado polos humoristas Marcos Pereiro e Federico Pérez.

Tampouco faltaron unha degustación de polbo e filloas, inchables para os máis pequenos, xogos populares e música de animación, entre outras actividades.

Primagas é unha firma que ofrece solucións enerxéticas eficientes e limpas nas zonas non urbanas e que está en fase de expansión en Galicia, para o que botou man do equipo Trevisani.

Toda a recadación acadada destinouse á Asociación Puzzle, unha entidade que loita contra a exclusión social e laboral das persoas con discapacidade. O evento contou tamén coa colaboración do Concello de Allariz.

Algúns dos traballos de Trevisani para o evento de Allariz

Entre as tarefas levadas a cabo pola empresa de organización de eventos Trevisani para esta Festa Primagas están:

  • Secretaría técnica
  • Conceptualización
  • Imaxe
  • Deseño de escenografía e montaxes creativas
  • Produción
  • Protocolo e relaciones públicas
  • Relación coa administración
  • Personal auxiliar e azafatas
  • Arquitectura efémera
  • Atención no directo
  • Comunicación e divulgación da empresa en medios galegos
  • Apoio ao traballo en redes sociais
  • Comercialización de espazos publicitarios

Máis Festa Primagas

Ante o éxito da Festa Primagas en Allariz, a empresa organizou máis eventos de presentación en Cangas e Paiosaco (concello da A Laracha), seguindo o mesmo modelo e, de novo, coa implicación de Trevisani.

Isabel Risco e o Mago Martín Camiña, así como distintos grupos locais, foron os que se subiron ao escenario nesas Festas Primagas.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *