Fairway Forum do Camiño de Santiago
Trevisani é co organizadora de Fairway Forum do Camiño de Santiago
Este innovador evento, que aúna congreso con feira profesional, celebrou ata o de agora tres edicións, a última en febreiro do 2019, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia .
Tres empresas co organizan esta cita: Mister Turismo, Viajes Viloria e Trevisani.
Os seus promotores aspiran en cada ocasión a reafirmar o seu papel como punto de encontro dos profesionais que traballan ao redor das rutas xacobeas.
Fairway 2019 contou con máis de dous mil reunións realizadas na súa workshop, máis de cen expositores, máis de corenta expertos participantes no congreso e os talleres de formación, ademais de once presentacións de destinos e produtos, tres intensas xornadas nas que se desenvolveron actividades enfocadas a público final e familias, institucións, asociacións, profesionais e empresas.
O desenvolvemento e impulso das vías xacobeas como motor turístico dun dos maiores exemplos de turismo sustentable foi o eixo de moitas citas dentro do único foro con feira e congreso dedicado en exclusiva ao Camiño de Santiago.
Trátase dun encontro de análise e de profunda reflexión e intercambio de experiencias entre profesionais, peregrinos, administracións e responsables de rutas de peregrinación.
Antes de cada Fairway, unha viaxe de prensa e familiarización serve para divulgar distintos camiños entre destacados xornalistas e profesionais.
Toda a información sobre esta cita está dispoñible no portal web www.fairwaysantiago.com
Tarefas levadas a cabo por Trevisani en Fairway Fórum del Camino de Santiago
Entre as responsabilidades desenvolvidas ou compartidas por Trevisani neste evento con feira profesional e congreso están:
- Secretaría técnica
- Comercialización
- Imaxe
- Conceptualización
- Deseño de escenografía e montaxes creativas
- Produción
- Protocolo e relacións públicas
- Relacións coa administración e patrocinadores
- Persoal auxiliar e azafatas
- Control e confirmación de asistencias
- Arquitectura efémera
- Xestión de relatores e expositores
- Bases de datos
- Atención ao directo
- Comunicación
- Viaxe de prensa e familiarización