Ciclo “Conferencias con Solidariedade”

vicente-del-bosque-conferencias-con-solidariedade-evento-santiago

Cinco eventos distintos, con relatores senlleiros, deron corpo ao ciclo “Conferencias con Solidariedade”

Ao longo do 2016 desenvolveuse o ciclo “Conferencias con Solidariedade”, unha serie de eventos artellada dentro do programa de actividades impulsado por Turismo de Galicia e o Xacobeo, con motivo do Xubileu Extraordinario da Misericordia.

A primeira conferencia do ciclo correu a cargo dos representantes de distintas organizacións locais de Galicia: Lorena Seijo, de Asemblea de Cooperación Pola Paz (ACPP); José Anuncio Mouriño, de Cáritas; Pablo Rodríguez, de Entreculturas; e Miño Guerreiro, de Enxeñería Sen Fronteiras.

O protagonista da segunda cita foi Manuel Blanco, bombeiro sevillano que traballa axudando aos refuxiados que chegan por mar á illa de Lesbos (Grecia); Blanco é cofundador e vicepresidente da asociación sen ánimo de lucro Proem-AID.

José Antonio Bastos, presidente de Médicos Sen Fronteiras España, foi quen interveu na  terceira sesión dun ciclo e Antoni Bruel, coordinador de Cruz Vermella Española, na cuarta.

A clausura e quinto evento, que tivo lugar no Parador Hostal dos Reis Católicos, contou coa presenza do ex seleccionador español de fútbol Vicente del Bosque.

Para este ciclo de conferencias, Trevisani levou a cabo as seguintes tarefas:

  • Conceptualización do ciclo
  • Xestión e selección de relatores
  • Protocolo e relacións públicas
  • Dinamización
  • Persoal auxiliar e azafatas
  • Atención ao directo
  • Deseño e imaxe, en colaboración coa deseñadora María Pereiró
  • Apoio a comunicación
  • Secretaría técnica

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *