Campañas da D.O. Ribeiro “Ribeiro de Copas” e “Enocións by Ribeiro”
Trevisani conceptualizou e levou a cabo distintas campañas promocionais da D.O. Ribeiro
Desde Trevisani lévanse conceptualizado, coordinado e executado distintas campañas a prol do Consello Regulador da D.O. Ribeiro, enfocadas a fomentar o coñecemento e máis o consumo dos seus viños entre distintos públicos.
A procura da orixinalidade, a conexión con públicos de interese e máis o afondarmos nas raigames do cliente están na cerna destes traballos.
Así, Ribeiro de Copas é unha campaña destinada ao público final desenvolvida en locales de hostalería de varias ciudades galegas.
Pola súa banda, Enocións by Ribeiro ofrece actuacións culturais, catas guiadas e conexións entre as emocións xurdidas ao realizarmos o Camiño de Santiago e os viños da Denominación máis antiga de Galicia.
Partes do traballo de Trevisani en distintas campañas da D.O. Ribeiro
Entre as tarefas realizadas pola empresa de organización de eventos Trevisani para estas campañas están:
- Secretaría técnica
- Deseño de elementos de PVL e difusión
- Selección de locais participantes
- Deseño de accións de reforzo
Contratación de sommeliers e artistas - Coordinación xeral
- Apoio en comunicación
- Persoal auxiliar e azafatas