Campaña de compras de Nadal da Fundación Santiago Centro
Evento para a dinamización das compras no Nadal en Santiago de Compostela
A Fundación Santiago Centro , entidade que agrupa comerciantes e profesionais da zona nova de Santiago de Compostela confiou en Trevisani para a súa campaña de compras de nadal 2014.
Baixo o nome de “As túas compras dan luz”, este evento dinamizou as compras e tivo unha faceta solidaria a prol da Cociña Económica da cidade.
A Praza Roxa serviu como marco para o seu acto de presentación, que contou con autoridades.
Angueiras desenvolvidas por Trevisani esta campaña
Entre as facetas xogadas por Trevisani estiveron:
- Conceptualización do evento
- Deseño de imaxe e aplicacións da mesma
- Produción das distintas accións elaboradas (preparación de materiais, entrega, contratación de animación…)
- Comunicación, dinamización en prensa, gabinete de prensa e contacto con xornalistas.
- Protocolo e Relacións Públicas, xestión de contactos con autoridades e asociados
- Xestión do directo