BenBo. Medio de Gastronomía Atlántica made in Galicia

portada de la revista Benbo

A empresa de organización de eventos e comunicación participa en BenBo

BenBo é un medio de comunicación de Gastronomía Atlántica Feita IN Galicia.

As principais accións de BenBo son, por unha banda, unha ferramenta web www.benbo.eu, onde a través do blog, a nosa comunidade ou con seccións como axenda, actualidade ou protagonistas trataremos de ter informados a diario aos nosos usuarios sobre todo o mundo da enogastronomía.

Por outra banda, a revista BenBo, unha revista cuadrimestral de coidada estética e rigorosos contidos.

Unha publicación contemporánea da realidade gastronómica galega, que fala de cociña, de cociñeiros e de produto cunha visión de vangarda e rigorosidade e que quere converterse nunha referencia para profesionais e gastrónomos, mantendo unha visión propia pero mirando ao mundo.

BenBo é un medio de comunicación de Gastronomía Atlántica Feita IN Galicia.

Traballos de Trevisani en Benbo

Dende Trevisani, socio deste proxecto dende o seu inicio, abranguemos diversas tarefas:

  • Dirección Comercial
  • Redacción de contidos,
  • Xestión de subscricións
  • Produción

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *