Aulas gastronómicas. Gastronomía pedagóxica

actividad gastronomia pedagógica

A empresa de eventos Trevisani organiza as aulas gastronómicas, unha oferta de gastronomía pedagóxica ofrecida desde a Universidade de Santiago e centros de ensino

Esta actividade desenvólvese en centros de ensino e na USC, actividade na que se aprende a cociñar dun xeito divertido e práctico. Un dos obxectivos, ademais da eminentemente pedagóxica e lúdica, é o de crear hábitos alimentarios saudables e, por suposto, a posta en valor do producto local.

A través destes cursos de Gastronomía Pedagóxica no só se pretende ensinar a cociñar desde os distintos niveis e modalidades que se ofertan, senón que o que se pretende é enriquecer a cultura de cada persoa que os realice.

Coñecer o produto, a orixe das elaboracións e sensibilizar nun consumo san e responsable do patrimonio galego e universal.

Tarefas de Trevisani nas aulas activas de cociña

Trevisani, xunto á Universidade de Santiago e centros de ensino medio, encárgase de distintas tarefas nestas aulas de gastronomía pedagóxica:

  • Conceptualización da actividade
  • Contacto con profesorado
  • Atención ao directo, nas distintas clases
  • Deseño de imaxe, logotipos e aplicacións varias
  • Apoio na comunicación e gabinete de prensa
  • Persoal auxiliar
  • Preparación de materiais

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *