Unha viaxe de incentivo para desfrutar das rías de Galicia

Viaxe de IncentivoAgora que o verán xa entrou neste 2015 por calendario e por temperaturas, no blog de Trevisani queremos aportar algúns plans ou destinos para ter en conta á hora de programar unha viaxe por incentivos. En anteriores entradas puidemos comprobar que existe unha gran variedade de plans, sobre todo dependendo da época do ano na que planeen estas viaxes de incentivo: desde fins de semana apartados do mundanal ruído nun pluvioso outono ou inverno ata uns días coñecendo o centro dunha gran cidade, máis apetecible na primavera. Pero e no verán? Unha viaxe que combine praia, relax e actividades metade físicas, metade lúdicas pode ser o estímulo perfecto para mellorar rendementos. Propoñemos unha viaxe de incentivo para gozar das Rías de Galicia.

Ríaa de Arousa é a máis grande de Galicia e, probablemente, tamén a máis coñecida en España e Europa. Tantas millas de auga, pobos e vilas de pequeno e mediano tamaño e un número aceptable de prazas en peiraos de recreo fixeron de Arousa un lugar especial no que se asintan varias empresas dedicadas ás actividades de lecer e que ofrecen varios plans interesantes para premiar a un persoal comprometido.

Fixámonos/Fixámosnos en Kiteboarding Galicia pola súa proposta de lecer orientada cara a novas actividades que están atopando unha boa resposta: o kite surf  –un fai surf tirado por unha lancha motora mentres suxeita unha cometa de grandes dimensións que lle permite executar saltos e piruetas no aire– mentres que o paddle surf, ou surf de remo, é unha antiga técnica de adestramento para os surfistas polinesios que gañou moita popularidade nos últimos anos e que consiste en desprazarse de pé sobre unha táboa de grandes dimensións e navegar sen necesidade de vento ou olas.

Aínda que quizais a actividade que máis chama a atención sexa o flyboard, un novo deporte náutico: unha táboa baixo os teus pés con dous potentes chorros cara abaixo que che permite voar sobre a auga, mergullarche nela, dar saltos como un delfín e facer todo tipo de piruetas. Este deporte gañou moita popularidade desde fai un par de veráns, cando se puxo de moda entre bastantes celebridades; a verdade é que parece incriblemente divertido.

É unha sensación incrible, hai que probalo para entendelo.

Xunto a estas actividades, mencionabamos os portos da ría de Arousa como un destino de viaxes de incentivo a ter en conta polos prezos competitivos e a ampla oferta de lecer e bo clima da zona.

A propia empresa Kiteboarding organiza os seus cursos con aloxamento incluído en hoteis, campings, hostais ou casas rurais, co que se simplifica bastante o trámite de organizar a viaxe. Uns días desafiando á gravidade grazas á propulsión do auga ou sentindo como o voo sobre as olas do mar de Arousa son un excelente incentivo para premiar a un equipo de traballo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *