Tendencias en organización de eventos que pisarán forte en 2017
A boa saúde que se prevé no sector MICE para 2017 obriga a facer un repaso das tendencias que poderemos ver ao longo do ano nun gran número de eventos. En Trevisani quixemos recoller algunhas destas novidades, moitas das cales están marcadas polos recentes avances no ámbito tecnolóxico aplicables á organización de eventos, que deberás ter en conta para garantir o éxito do evento e propiciar unha experiencia positiva.
- Seguridade
Aínda que xa trataramos este tema, os atentados que tiveron lugar en moitas cidades europeas recentemente incrementaron notablemente a importancia da seguridade dun evento. Os organizadores tenden a reforzar as medidas de protección e vixilancia dos asistentes garantindo así a súa seguridade e o éxito do evento.
- Como na casa
Outra das tendencias importantes que se deben ter en conta á hora de deseñar o evento é a procura de altos niveis de comodidade dos asistentes. Neste sentido, ademais de ofrecer uns asentos confortables é importante garantir unha boa conexión a Internet, comida variada de calidade e espazos amplos de desconexión e networking para que os invitados sintan como na casa.
- Localizacións rompedoras
De entre as novidades máis rompedoras no sector MICE destaca a localización dos mesmos en casas particulares. Búscase sorprender aos asistentes con ambientes máis peculiares adaptados á temática do evento fuxindo así dos espazos tradicionais.
- Consolidación das apps
Unha práctica habitual durante os eventos é o uso dos dispositivos móbiles para consulta de información ou como elementos de comunicación. Por este motivo, as apps consolidáronse como unha das mellores ferramentas para reforzar tanto a fidelización como a interacción -antes, durante e despois do evento-. Así, unha das claves principais do éxito do evento será a planificación de estratexias de marketing dixital pensadas para smartphones ou tablets que fomenten a participación dos asistentes a través da comunicación bidireccional.
- Contido fugaz
Nos últimos meses tanto Instagram como Facebook subíronse ao carro do contido efémero seguindo a liña marcada por Snapchat. A versatilidade destas redes diversificouse ampliando así a posibilidade de crear contido conciso, efémero e de curta duración que nos leva a falar dunha nova versión do stoytelling. Crear contido adatado a esta forma de consumo é unha das tendencias que están a cobrar maior forza no sector MICE e que máis atraen á xeración millenial.
- Emisión en directo
Como adiantamos hai uns meses ofrecer a posibilidade de seguir un evento en directo é outra das tendencias que se están consolidando actualmente. En moitos casos pódese innovar utilizando drons para ofrecer perspectivas diferentes e rechamantes, tal e como se fixo nunha das últimas conferencias de Facebook.
En Trevisani recomendámosche tomar nota das tendencias que pisarán forte en 2017 para mellorar a experiencia dos asistentes ao teu evento e non perder o fío das novidades no sector.