A sustentabilidade e os eventos, compatibles?
Que a sustentabilidade está de moda, é un feito demostrado. A concienciación sobre o impacto ambiental está á orde do día, non só no noso ámbito de organización de eventos, senón en calquera tipo de empresa, institución e mesmo, no noso propio día a día. Pero, que implica un evento sustentable? Segue lendo e contámoscho.
Sustentabilidade = Responsabilidade
Da man deste concepto vai o de responsabilidade social que, basicamente, implica que cada individuo que conviva en sociedade ten unha obrigación para con ela de crear unha conciencia que teña consecuencias positivas para todos. Neste sentido, a sustentabilidade e a responsabilidade social pódense levar a diferentes campos que podemos incluír no noso evento dunha maneira sinxela, desde incluír elementos reciclado na decoración, o coidado en canto ás emisións de contaminación, manter limpas as rúas poñendo numerosos puntos de lixos de diferentes tipos ou fomentar o uso transporte público para asistir ao noso evento, por exemplo.
Pode un gran evento ser sustentable?
Aquí debemos ter en conta varios factores que condicionan a celebración: que tipo de evento vai celebrar, onde e con que obxectivo. É dicir, non é o mesmo unha feira ecolóxica celebrada nun núcleo urbano que un evento gastronómico celebrado nun espazo de difícil acceso. Basicamente, hai que minimizar o impacto negativo para crear un positivo. Por iso, no caso de que se trate dun evento que reúna grandes aglomeracións o factor “transporte público” debe estar en primeira plana e en maiúsculas. Por exemplo, FITUR, no espazo IFEMA, localízase xunto a unha parada de metro, medio polo cal se move a maior parte dos asistentes.
Tips para un evento sustentable.
Menos é máis. Non podemos crear un evento no que escatimemos en material, pero si podemos cambiar o formato do material para facelo máis respectuoso co medio ambiente. Por exemplo, co fácil acceso á tecnoloxía que temos hoxe en día, é moito máis sinxelo que tiremos nesa dirección con aplicacións e descargas ao alcance da man e non empregar folletos físicos en papel, que acabarán tirados no chan ou amontoados nas papeleiras. Non só facer, senón facer saber que se está facendo. Simplificando, educar ao noso público, tanto ao que acode de visitante como aos propios expositores. Se deixamos patente que estamos a colaborar coa sustentabilidade estamos a facer fincapé no termo de responsabilidade social.
A educación ten premio. Así, unha acción sempre nos conduce a outra para acabar creando a sustentabilidade en si. En moitos eventos que perseguen este fin, premian aos participantes dunha maneira ou outra. Ben con descontos, ben cambiando algo que empregou durante o evento por un agasallo ou mesmo regalando bonos para viaxes en transporte público. O obxectivo para seguir é sempre o mesmo: minimizar o impacto negativo.
Imaxe positiva. O resultado final acaba respondendo a un boca a boca que, tendo en conta o concepto da responsabilidade social, proporcionaranos unha maior notoriedade e unha imaxe positiva, dunha maneira fácil e directa.
Lembra, a sustentabilidade non é a única clave do éxito, pero se unha das máis importantes a ter en conta á hora de realizar o teu evento. Non te esquezas dela! E sobre todo, non te esquezas de poñerte en mans dos mellores profesionais, non te esquezas de poñerte en mans de Trevisani!