Relacións públicas: como elixir a un bo influenciador

eventos-galicia-piezas-damas

Nunha estratexia de relacións públicas non podemos seguir ignorando o peso da canle online. A figura dun “influencer” ou influenciador pode ser a clave para o éxito da túa campaña, sempre que saibas escollelo ben.

Que é un influenciador ou “influencer”?

Un influenciador é unha persoa con relevancia no seu campo, que exercerá de líder de opinión en determinados segmentos de poboación. Podemos atoparnos expertos nunha área concreta, bloggers, youtubers ou tuiteros que lograron xerar unha ampla comunidade ao seu redor, e famosos.

Como elixo un influenciador para a miña acción?

  1. O primeiro que debemos facer á hora de seleccionar unha persoa que represente á nosa marca ou evento é estudar moi ben ao noso segmento de público. Idade, afeccións, tipo de produtos que consomen, como se expresan. Crea un “retrato robot” ou “buyer persoa” do teu público e debulla como é e que busca.
  2. Busca un perfil que personifique os valores do teu segmento e que teña influencia sobre as súas decisións. Se por exemplo traballas cunha marca de moda, busca a unha bloguera ou celebrity que marque tendencia coas súas opinións. Se o teu sector é o viño, sería interesante un xornalista, catador ou enólogo de referencia que publique frecuentemente sobre a materia.
  3. Comproba que esa persoa dispoña efectivamente dunha influencia ampla sobre unha comunidade. Podemos poñer como referencia, por exemplo, 5.000 seguidores para un blogger. Algunhas ferramentas que podes usar son:
  • Klout: axúdache a visualizar se a influencia en Twitter é real, cualificando a través dunha puntuación a conta.
  • Revisa o número de interaccións nas súas contas: retuits, comentarios no seu blogue, likes… non só é importante que teñan seguidores, senón que interactúen.
  • Valora de novo o impacto que buscas: local, nacional ou internacional? Buscas chamar a atención dun segmento moi concreto? Quizais non sexan tan importantes os números globais: se queres chegar a unha localidade concreta a través dunha persoa, non dispoñerá dunha comunidade tan ampla coma se buscas impactar de forma internacional.
  • Fai unha comparativa entre as túas diferentes opcións e selecciona a persoa que cumpra máis requisitos.
  1. Marca obxectivos estratéxicos e define moi ben a túa colaboración: segundo a campaña que desenvolvamos, pódennos interesar diferentes fitos:
  • Dar a coñecer unha marca ou produto
  • Impactar en vendas
  • Xerar unha mellor imaxe
  • Aumentar o tráfico a unha web
  • Chamar a atención da prensa
  • Conseguir que acudan máis convidados a unha cita

Unha vez que enfoques ben o resultado que queres conseguir, define as diferentes accións que vas desenvolver. Lembra que poder mesturar eventos offline e presenza online, garánteche chegar a un público moi amplo. Traballa unha relación de compromiso co influenciador que contrates e pídelle que coide o contido con moito mimo. Por último, deixa que teña liberdade para expresarse á súa maneira e chegar á súa comunidade como adoita facelo.

Se necesitas que che axudemos coas túas campañas de relacións públicas, non dubides en contactarnos. Estamos preparados!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *