Que son os incentivos?
Lanzámonos ao mundo dos incentivos e coñecemos algunhas posibilidades para a súa realización en Galicia
Un dos campos profesionais do mundo MICE máis descoñecidos para o público xeral é o dos incentivos.
Segundo o dicionario, un incentivo pode ser un “estímulo que se ofrece a unha persoa, grupo ou sector da economía co fin de elevares a produción e mellorar os rendementos”.
Debullando un pouco, no mundo dos eventos entendemos os incentivos coma unha celebración que aspira a crear bo ambiente e dinámica de grupo.
Detrás deles pode ser o premio por unha boa traxectoria ou, simplemente, o fomentares un correcto espírito de equipo.
Xa que logo, empresas e colectividades adoitan organizar reunións, xornadas e viaxes de grupo nos que, en lugar de reunións ou obradoiros tradicionais, óptase por aquelalos dun xeito máis rebuldeiro.
Os que acuden a un incentivo descubren, moitas veces, aspectos e reaccións do seus compañeiros que son distintos aos do día a día na empresa. Serven para afondar nas relacións persoais.
Nestas viaxes prepáranse actividades que buscan a sorpresa e que, en numerosas ocasións, se desenvolven en exteriores.
Recordemos, para os despistados, que MICE é a abreviatura para Reunións, Incentivos, Conferencias e Exhibicións, polas súas siglas en inglés.
En que pode consistir un incentivo?
Entre os distintos pratos dun bo menú de incentivo, poden estar:
- Visitas e viaxes a lugares pouco coñecidos
- Xornadas de convivencia
- Práctica de deporte sen carácter competitivo
- Pequenas probas para fomentar o espírito de equipo
- Comidas e ceas
- Concursos de coñecementos
- Entregas de premios cun toque divertido
- Experiencias a medida
As sorpresas son un ingrediente básico dos incentivos pero, para que estas non sexan malas, convén ir da man de expertos.
Galicia está a mostrarse nos últimos anos como un destino ideal para a realización de incentivos e en Trevisani estamos especializados na súa organización.
Tramos do Camiño de Santiago, travesías en barco polas rías, ceas e comidas en pazos ou lugares emblemáticos preparadas por cociñeiros con Estrela Michelin, visitas a lugares de especial beleza do interior… hai mil posibilidades.
Se estás a pensar en montar un incentivo, contacta connosco!