Por que crear unha App móbil para o teu evento?
As novas tecnoloxías son algo que leva alagando as nosas vidas desde hai xa un tempo. Sen dúbida, o teléfono móbil, está a deixar de ser unha ferramenta para realizar chamadas ou enviar mensaxes e estase convertendo cada vez máis nunha prolongación do noso propio corpo. Hoxe en día todo o mundo ten un smartphone o cal lle fai a vida un pouquiño máis fácil, xa sexa para o ámbito laboral ou para o persoal mediante diferentes apps.
A pesar disto, é moita a xente que ignora o gran cambio que pode supoñer a creación dunha app á hora de crear un evento. En Trevisani, non queremos deixar pasar por alto ningunha oportunidade de mellorar os eventos dos nosos clientes, por esta razón, aí van algunhas das vantaxes que crear unha aplicación móbil para o teu evento ofrece:
- Oportunidade de feedback constante
A comunicación co cliente é fundamental, de todas as opinións pódese aprender algo e poden servir para corrixir erros (tanto presentes como futuros). Contar coa información de como están a vivir o noso evento os usuarios, achegaranos unha información que non debemos de ignorar. Así mesmo, mediante a información recompilada, tamén podemos crear un perfil de consumidor moito máis aproximado ao noso consumidor real. A creación de enquisas ou mesmo o formulario de rexistro da app, poden ser dúas boas ferramentas para conseguir esta valiosa información de primeira man.
Por outra banda, tamén podemos chegar a un cliente potencial o cal non está a vivir o evento, pero si sente interesado por el.
- Unifica tódalas tuas redes sociais e engade hashtags
Engadir e sincronizar as túas redes sociais coa aplicación móbil, poderá facilitar a súa visibilidade. Unha ligazón directa a cada unha delas, fará que o usuario senta máis motivado a interactuar con elas. Utiliza un ou dous hashtags que sexan fáciles de memorizar nas diferentes seccións da túa aplicación, para que os usuarios poidan utilizalas no resto dos teus RRSS e así, poder atopar os comentarios sobre o teu evento de maneira máis rápida. Mesmo se a túa empresa dispón del, é recomendable vincular tamén o teu blogue.
- Crea un calendario
Ter á súa disposición en todo momento os horarios e as actividades que se están realizando ou que se van a realizar no teu evento, sen necesidade de descargarse unha imaxe ou un documento, é algo que os asistentes che agradecerán.
- Mapa do lugar e xeolocalización
En ocasións, os lugares seleccionados para realizar un acontecemento, son de difícil acceso, saber onde estás en cada momento é algo que achega seguridade aos invitados ao mesmo. Tamén é moi útil incluír o plano do lugar no que se realiza, ademais, podes engadir información ou recensións no dos diferentes espazos que conforman o teu evento.
- Recibe vídeos y fotos dos asistentes de maneira directa
Evita tramitación de cesión de dereitos ou recompilación de fotos e vídeos, animando a que os asistentes compartan as súas imaxes contigo directamente mediante a túa app.
- Promoción antes, durante y despois do evento
Consegue maior notoriedade e fortalece a túa imaxe de marca ao estar presente nos móbiles dos teus clientes, os cales poden consultar a túa aplicación a calquera hora e en calquera sitio. Ademais a app, pode ser unha gran carta de presentación do evento previamente á súa realización.
- Información adicional y exclusiva
Consente aos teus clientes, converte o teu app nun beneficio extra para eles. Comparte información adicional acerca dos relatores, os artistas invitados ou sobre calquera información que poida resultar un valor engadido para os usuarios.
Por todas estas razóns, se buscas unha maneira rápida e sinxela de involucrar máis aos teus clientes no teu evento, desde Trevisani facémosche esta recomendación. Se aínda che quedan dúbidas ou queres incorporar outras ideas que fagan o teu evento único, ponche en contacto connosco e consúltanos sen compromiso.