Algúns dos mellores eventos de 2015
Os minutos que nos separan de 2016 sérvennos para reunirnos cos seres queridos e para repasar os máis destacado de 2016. Fixámonos nalgúns dos eventos máis importantes do ano que expira e atopamos algúns espectaculares, outros magnificamente desenvolvidos, algúns emocionantes e outros moi necesarios. Este é, en fin, o mellor dos eventos europeos de 2015. Esperemos que o gocen e que este ano que entra sexa próspero e saudable.
Bicentenario da batalla de Waterloo
A gran batalla da primeira idade moderna europea cumpriu douscentos anos en 2015. l exército imperial francés enfrontouse a á alianza do vello orde absolutista europeo. A derrota de Napoleón non serviu ás potencias ara parar o reloxo da Historia pero si que nos deixou unha impresionante pegada. Este evento contou cun orzamento de máis de cinco millóns de libras esterlinas. A axencia VO Communication, xunto ás súas partners Verhulst Events e Luc Petit Création lograron unha recreación que superou moitísimo as primeiras expectativas: 1000.000 espectadores, un 28% máis de visitantes que na última recreación, a atención mediática do mundo e un nivel de detalle e respecto á fonte histórica convertérono no evento europeo de 2015.
Engage Prague 2015
O maior evento de social media de2015 celebrouse na capital da República Checa. Un evento centrado na análise de datos e en mellóraa de estratexias de engagement que se celebrou nun luxosos edificio no centro de Praga e que contou con dous eixes principais: a sorpresa e o dinamismo dos relatorios e a gastronomía checa. Un evento organizado por Socialbakers que deixou impresionados aos profesionais do sector.
Honda Goodwood Festival of Speed 2015
O sector automobilístico segue sendo un dos que máis empeño e esforzo aportan na organización de eventos. A marca xaponesa Fonda celebrou a súa “festival da velocidade” celebrouse no Reino Unido logo de varios anos sen despregar un showcase potente. 2015 foi o ano do seu regreso e fixérono ao grande, buscando a complicidade dos apaixonados de motor e deseñado para atraer a familias e espertar de novo a paixón pola marca Honda. A axencia Jack Morton Worldwide convocou a máis de nove mil almas neste festival.
Hearing Hands
O último evento máis destacado de 2015 non se celebrou nun espazo físico, senón que conquistou a unha boa audiencia en Internet. Hearing Hands, mans que escoitan, elaborouse con cámaras ocultas na cidade de Istambul durante un mes. Se trata dunha peza de vídeo destinada a concienciar sobre os problemas cotiáns aos que se enfrontan as persoas xordas ou con problemas de audición O resultado? Un vídeo conmovedor que conseguiu máis de 32 millóns de visitas en Youtube, 17 millóns de procuras en Facebook, 232 millóns de impresións en Twitter e gañou 3,2 millóns de yens en social media.
Estes foron algúns dos eventos máis destacados do 2015. As perspectivas prometen que 2016 será un ano no que se pode mellorar os xa de seu bos traballos que nos deixou o ano que se vai.
¡Feliz Ano Novo!
Foto e videos de EuBea Festival