Influencers e eventos: unha combinación gañadora

O universo influencer é unha realidade que non para de crecer. En moda, publicidade, viaxes, e por suposto en eventos, estes novos prescritores dixitais son xa un ingrediente fundamental na fórmula do éxito.

A proxección e influencia sobre os seus seguidores son a clave para que cada vez sexan máis as marcas que queren contar con influencers nos seus eventos. Sexan vodas, presentacións, feiras ou festivais, hai un tipo de influencer que se adapta a cada evento e a cada temática, a clave está en dar con el. Por suposto, contar cun influencer non garante o éxito dun evento. De feito, hai que ter claro que non todos os infuencers serven para todos os eventos, polo que é necesario ser moi coidadosos á hora de seleccionar as persoas que mellor se adaptan ao noso perfil. Pero, cunha estratexia adecuada, a súa presenza consegue multiplicar a proxección. Así, os seus seguidores converteranse en “asistentes virtuais” ao noso evento.

Desde Trevisani, hoxe traémosvos unha selección dos perfís que máis encaixan en cada evento, e que sen dúbida, debes coñecer:
Blogueiros

Os blogueiros son do máis útil cando falamos de eventos temáticos e especializados. Normalmente este tipo de influencers teñen fidelizado un público moi específico e relacionado cun tema moi concreto, polo que, a clave é atopar o influencer que mellor se adapte a nós e ao noso público.
Tuiteiros

A súa principal baza é a inmediatez. Son quizá os menos visuais pero, mediante os seus tweets e o seu uso maxistral dos hashtag conseguen atraer aos seus seguidores, normalmente moi activos e atentos. Son moi útiles para retransmitir un evento en directo, tuiteando ao minuto o que está a ocorrer e mantendo como ningún outro, a expectación do público.
Instagrammers
Instagram é sen dúbida, territorio influencer. A rede social é unha das maneiras máis fáciles e directas de chegar aos nosos seguidores. Mediante as fotografías publicadas nos perfís dos instagrammers pero tamén mediante os Instagram stories e os directs, achegarán o teu evento a miles de persoas, con multitude de imaxes e vídeos. Unha maneira moi visual de achegar ao teu público obxectivo, non só o teu evento, senón a experiencia de vivilo en directo.

Youtubers

O vídeo é unha das ferramentas máis efectivas para chegar ao público. En eventos moi visuais ou de longa duración, este tipo de soporte pode ser o mellor para promocionarnos. Festivais, desfiles ou presentacións son só tres exemplos de eventos que encaixan perfectamente no universo de Youtube. Os youtubers, cos seus vídeos curtos e o seu propio estilo conseguen darlle un aire renovado e fresco a calquera evento. Ademais, este tipo de influencers son, xunto cos instagrammers, os que teñen un maior poder de convocatoria. Se o que buscamos é multiplicar a asistencia a un determinado acto, a presenza dun youtuber é un empuxe enorme para conseguilo.

Os eventos con influencers son sen dúbida una das tendencias máis importantes na actualidade. Se estás a pensar en organizar un evento deste tipo, non dubides en poñerche en mans de profesionais para asegurar o seu éxito. Contacta con Trevisani para expoñernos a túa idea ou as túas dúbidas, estaremos encantados de atenderche!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *