Incentivos: a importancia de “querer” ao teu equipo

Incentivos

Agarimar. Este é o obxectivo polo que as empresas organizan incentivos para os seus empregados. No mundo da planificación de eventos cada vez faise un maior esforzo na creación programas de incentivos, polo que a oferta é cada día é máis ampla. A quen non lle presta que o agarimen?

Que son os incentivos?
Os programas de incentivos buscan recoñecer o esforzo do traballador dunha empresa ou estimular certo público obxectivo coma son os clientes, proveedores,…
Temos que ser conscientes da importancia de motivar a parte máis valiosa das empresas: as persoas. Manter o equipo contento é unha das mellores formas de que sexan capaces de desenvolveren o seu traballo correctamente, de que brinden un mellor servizo aos clientes e polo tanto, de que vendan.

 Excursións, viaxes, actividades,…
As posibilidades son tantas como ideas se nos poidan ocorrer. Tan só hai que sorprender con algo excepcional. E aínda que moitos seguramente esteades a pensar en facer un regalo, o certo é que cada vez se aposta máis polas actividades en grupo que xeran emocións, recordos e, en definitiva cultura de empresa.
A efectividade das actividades lúdicas en grupo é moi alta. O feito de poder compartir cos teus compañeiros unha experiencia agradable, establece un vínculo moi forte coa empresa, ademais de fomentar o compañeirismo. E por se isto fose pouco, poderán adquirir capacidades que despois se poidan trasladar ao día a día no traballo: proactividade, traballo en equipo, toma de decisións, resolución de problemas,…

Galicia, un destino 10
Pasóuseche pola cabeza algunha vez que Galicia é un lugar magnífico para organizar incentivos de empresas? Aquí, podemos xuntar o mellor da gastronomía, a natureza e a cultura para ofrecer experiencias inesquecibles
Imaxínaste ver como o teu equipo goza dunha travesía ás Illas Cíes para conectar coa natureza… e co compañeiro de traballo co que tan só cruza un “Bos días” no ascensor? Ou pensas que lles gustaría máis unha ruta polo centro histórico de Santiago de Compostela probando as mellores tapas?

Mans á obra!
Hai axencias de organización integral de eventos que tamén planifican incentivos para empresas. E Trevisani é unha delas.

Xa son varias as empresas que confiaron en nós para a organización dos seus incentivos. Planificamos tanto actividades culturais ou lúdicas como gastronómicas. E ademais, adaptámonos ao tamaño da túa empresa. Se queres unha reunión pequena, terala. Pero se pola contra te animas cunha acción de grande impacto, tamén.
E para que non te teñas que preocupar por nada encargámonos da operativa de traslados e da xestión de estanzas.
Recorda que investir en programas de incentivos é investir na túa empresa e no seu futuro. Conta coa profesionalidade do equipo de Trevisani para acadalo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *