Grandes eventos na historia de Santiago de Compostela
As tardes de verán préstanse para ler algo máis curioso. Xa botamos a vista atrás na historia do protocolo e soubemos da importancia que tivo nas relacións humanas desde o principio da civilización coñecida. Tamén escribimos sobre redes sociais e evento pero acabámosnos/acabámonos preguntando Que hai da nosa historia máis próxima? Repasamos algún dos grandes eventos da historia de Compostela.
Empezamos desde o orixes da cidade. Durante o tempo no que Compostela pasou de ser un centro relixioso a un foco irradiador de cultura e converteuse nun actor político, producíronse os eventos máis importantes da época: unha coroación real. O estatus de Galicia era moi variable e dependía de complexas alianzas entre nobres e alto clero pero para sancionalas, necesitaban completar o rito de coroación co poderes presentes. A primeira coroación en Santiago celebrouse o 17 de setembro de 1111. Éraa compostelá comezaba forte e Afonso Reimundez (Alfonso VII de Galicia, León e Castela) recibiu a coroa de Galicia grazas ao arcebispo Diego Xelmírez e ao Conde de Traba. Unha cerimonia máis simbólica que efectiva pero que marcou o novo papel da catedral como espazo de negociación. Si hoxe visitan o Pazo de Xelmirez, na praza do Obradoiro, poderán observar o salón de reunións do reino: un espazo amplo con moitas portas de entrada. A nobreza galega da época non aguantaba que un dos seus membros quixese sobresaír e isto afectou á orde de entrada e saída na sala. Estableceuse un protocolo complicado para garantir a equidade entre a antiga nobreza do reino de Galicia.
Exposición Rexional Galega de 1909: é certo que damos un salto impresionante no tempo pero o fondo deste gran evento de Santiago é similar: a entrada da cidade nun novo tempo histórico. A principios do século XX a modernidade significaba estar ao tanto do que ocorría máis aló de limítelos da aldea, a comarca ou a cidade na que nacese un. É o tempo dos descubrimentos científicos, dos avances tecnolóxicos e dos medios de transporte novos… Onde podía ver un todo este progreso imparable? Nunha exposición universal, nacional ou rexional. En realidade,a magna Expo de 1909 estaba case esquecida, malia que tivo unha importancia indubidable. Para empezar, colocou a Santiago outra vez no mapa, logo de perder a capitalidade provincial nunha reforma administrativa de 1833. Pero, sobre todo, trouxo o impulso de Europa ata o corazón do Compostela. A exposición, que ocupaba 30.000 metros cadrados, urbanizou os terreos do que máis tarde sería o Campus Sur. Outro monarca chamado Alfonso, o decimoterceiro do seu nome, visitou unha Compostela que intentaba recuperar o impulso pasado. Existen fotos de Alfonso XIII baixando pola escalinata do Campus Sur que aínda hoxe se conserva.
Xacobeo’93: o final do século XX foi, segundo os historiadores, o “século máis curto” porque comezou coa Primeira Guerra Mundial en 1914 e clausurouse en 1989 coa caída do Muro de Berlín e o progresivo derrube da URSS e o campo socialista. A primeira globalización estaba en cernes e había, de novo, que mostrarse diante dun mundo que cambiara. O Xacobeo 93 foi o primeiro que se suscitou como un macro evento para atraer a visitantes a Galicia e mostrar como cambiara nestes anos. Unha forma de reclamar un sitio no novo panorama. As celebracións xubilares eclesiásticas limitábanse ao aspecto relixioso e o Xacobeo foi máis aló diso: concertos internacionais, macro exposicións como Galicia non Tempo, campañas publicitarias como non se coñecían. Moita da experiencia en organización de eventos naceu a partir daquel ano xubilar, con aquela mascota Pelegrín sempre presente.
Aqueles anos do Fórum Gastronómico: as rockstars dos nosos días debaten entre fogóns e loitan contra o tempo. O prestixio social dos cociñeiros era bo pero non ocupaban tempo de medios de comunicación de masas nin inspiraban a tanta xente cara á arte culinario. Citas bianuais como a que se celebraron desde en 2008 ata 2012 axudaron a divulgar entre a xente o funcionamento do sector gastronómico. Estes eventos comezaron sendo unha cita para profesionais e abríronse ao gran público: a divulgación, a accesibilidade e a novidade axudaron a facer da gastronomía un fenómeno de masas.
Ata aquí o noso primeiro pequeno repaso. Volveremos facer memoria porque, xa saben, coñecer é recordar o que xa se fixo.
Fotos pertencentes ó libro “Santiago, 1909” de Alvarellos Editora