As feiras para foodies, eventos imprescindibles en Galicia
A semana pasada celebrouse Culturgal, a feira de industrias culturais de Galicia. Entre os numerosos stands e propostas culturais máis-que-interesantes, atopamos que o espazo dedicado á gastronomía cada vez faise máis grande, así que nos imaxinamos un 2015 no que as feiras para foodies serán eventos imprescindibles en Galicia.
A edición Culturgal 2014 prestou atención ao fenómeno das cervexerías tradicionais en Galicia. A moda do DIY (do it yourself en lingua do imperio) xa tocou aos fermentadores da malta e a cebada da nosa comunidade con resultados moi reseñables. Puidemos ver unha mesa redonda a algúns dos produtores e vendedores de cervexa artesanal de Galicia: Carlos González (A Atlántica Beer Shop, Compostela) e os elaboradores Alberte Fernández (Adega Menduíña, Cangas) e Alberto Gómez (Cervexas Keltius, Ourense).
Os eventos gastronómicos desenvolvéronse e diversificado durante estes dez anos, ao mesmo tempo qu o número de afeccionados á comida, ou foodies, sofisticábanse. En Trevisani sabémolo grazas á experiencia que nos proporciona a organización do Fórum Gastronómico: o mundo dos chef e o dos afeccionados á gastronomía cada vez relaciónase máis por arriba, é dicir, temos un público cada vez máis especializado e a uns cociñeiros que melloran cada ano o seu faceta de comunicadores.
Este panorama é propicio para que xurdan pequenas feiras e eventos dedicados a un público especializado cada vez máis numeroso. A comida é a nova música. Non é de estrañar que proliferen as catas de viños, augas, aceites, sales e agora, as cervexas como novo produto estrela. A gama de produtos gastronómicos sobre os que organizar charlas eventos ou encontros é amplísima e os temas a tratar, tamén: maridaxes, produción, comunicación, comunidades especializadas e afeccionadas e os benditos maridaxes que aportan esas ideas coas que quedamos como auténticos connosieurs á hora dos pinchos.
Que formato é o máis apropiado para estes eventos relacionados coa comida? Pois depende das dimensións. Para reunir a grandes cociñeiros xunto a empresas de provedores en simposios, fórums ou seminarios as naves industriais ou os palacios de congresos son unha opción lóxica. Si queremos atoparnos directamente co noso público, os eventos gastronómicos funcionan ben é espazos de mercado tradicional.
En Galicia podemos atopar espazos de mercado tradicional nas sete cidades. A Praza de Abastos de Santiago de Compostela celebrou eventos deste tipo aproveitando o tirón que ten entre os visitantes este espazo. Outras comunidades tamén trasladaron aos mercados as experiencias culinarias, como o Mercado de Boa Vida, en Madrid.
Unha novidade neste tipo de eventos son os foodtruck ou camións de comida, como se probou na feira MADreat. Estes vehículos imitan a aparencia dos típicos postos de comida ambulante dunha gran cidade pero a calidade dos ingredientes e os cociñeiros presentes marcan a diferenza. Os chefs poden experimentar con novos conceptos nos seus catering e tamén serve para dar a coñecer a empresarios do sector gastronómico e dar oportunidades aos novos valores dos fogóns.
Esta experiencia de levar catering de calidade con aspecto de cociña de rúa parece que ten éxito en grandes cidades e pareceríanos interesante probar algo similar en Galicia.
Vostedes probarían creacións vangardistas servidas en foodtrucks, stalls, tenderetes, furgonetas, carriños e containers?
¡Conten, conten!