Sobre os trocos no concepto feira e a súa organización

organizacion-eventos-forum-gastronomicoUnha visión do concepto feira e a súa organización por parte de Manuel Moledo, traballador de Trevisani con máis de 10 anos de experiencia no sector de eventos

Feira: Instalación onde se expoñen os produtos dun só ramo industrial ou comercial, para a súa promoción e venda.

Unha definición da R.A.E. sérvenos de punto de partida para comentar un tipo de eventos con grande arraigamento na nosa historia. A Feira é un modelo de negocio que viuse obrigado a evolucionar a marchas forzadas nos últimos tempos.

Multisectoriais, monográficas, profesionais, de público final… Os adxectivos que acompañan á feira e máis a súa organización cualifícana e defínena, ou, cando menos, téntano..

Hoxe en día, algúns destes xeitos de facer feiras caeron en desuso. As razóns pódense buscar en causas de todo tipo: económicas, sociolóxicas, culturais… pero o que sempre cremos que se cumpre, é a tendencia á especialización e o enfoque monotemático destas.

Poderíase afirmar que hoxe en día unha cita feiral sen un programa de actividades atractivo, non ten presenza no calendario e mesmo se podería afirmar que non ten opción de futuro. Os novos xeitos de xerarmos negocio teñen que ofrecer moito máis ca un pavillón cheo de postos.

A feira é o punto de encontro e a obriga do organizador é dar contido, comodidade e calidade para que se produza fluxo de negocio e información, tanto inmediato como a medio prazo.

A nosa reflexión é que máis alá de traballar con formatos coñecidos, o concepto de feira, e a súa organización, segue a evolucionar no tempo, cambia os seus contidos, moderniza as instalaciones… máis conserva o seu espírito inicial de lugar de reunión onde poder comprar e vender, ensinar e aprender.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *