Formación continua… ademais da experiencia profesional en congresos e eventos

eventos-trevisani-secretaría-técnicafreeimagesuksmall

En Trevisani sabemos que a experiencia é un factor fundamental no protocolo e as relacións públicas; témolo en conta para que os eventos, congresos e feiras profesionais que organizamos sexan todo un éxito… e para iso contamos con máis de 20 anos de traxectoria.

Pero por outro lado algúns de nós xa hai algúns anos que deixamos as aulas, e o temor a quedar desactualizados está aí.

Por iso, en Trevisani outorgámoslle moita importancia á formación continua e, normalmente ao chegar outubro, algúns dos nosos traballadores inscríbense en cursos de materias como organización de grupos, capacidades e xestión da comunicación, aproveitamento de redes, novos programas informáticos…

Ademais, todo o noso persoal auxiliar recibe formación específica para que aumenten as súas habilidades nos distintos eventos nos que traballan.

A profesionalidade, coma o demo, está nos detalles, e sempre hai algo novo que aprender.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *