Eventos para gamers, un novo nicho de mercado

Eventos para gamersA industria do entretemento é un dos sectores económicos máis puxantes da economía occidental. Durante o século XX, o cine co seu star-system e os estudos de Hollywood foron unha das maiores industrias dos Estados Unidos, tanto polas cifras que empregaban en producións –e que recollían despois en forma de taquillas avultadas– como pola influencia que lograron na vida cotiá e que se traducía noutros sectores económicos ligados ao consumo: roupas, comidas, peiteados, accesorios, vehículos investían na produción de películas para que os consumidores identificasen as virtudes de tal ou cal estrela do celuloide cos produtos anunciados. E por suposto, a industria cinematográfica influíu na liturxia dos eventos: aí están os photo-calls, as alfombras vermellas ou as cerimonias. Moitas destes costumes popularizáronse coa entrega no Teatro Kodak dos Oscar durante os anos do Hollywood dourado, e para mostra, o inicio de Cantando baixo a choiva. Hoxe a industria cinematográfica entrou nunha época de transformación, moito máis diversa e cun impacto cultural escalado. Parece que no horizonte divísase un sucesor: a industria do videoxogo. Unha produción de videoxogo de primeira orde pode custar entre 250 (Grand Theft Auto V, por Rockstar Games) ou os 500 millóns que custou Destiny, feito polo estudo Activision. Os custos de produción recupéranse en días.

Segundo os datos rexistrados por Pricewaterhouse Coopers no seu informe Global Entertainment and Media Outlook entre 2011 e 2015, en 2010 o valor do mercado mundial do videoxogo ascendeu a 56.000 millóns de euros e crecerá ata os 82.000 millóns en 2015, en base a unha taxa anual de crecemento composto do 8,2 por cento. Está moi preto da industria do cine (90.000 millóns de dólares) e crece a unha media do 6% anual, máis rápido que o cine (menos do 3% segundo Statista).

Así que con estas cifras, este interese e o seu implantación social -xogan tanto mulleres como homes e a idade vai desde os corenta ata os adolescentes– fai que os eventos relacionados coas presentacións dun videoxogo moi esperado ou os e-games -si, xa sucedeu, os videoxogos teñen as súas ligas cos seus equipos punteiros e as súas competicións europeas, poida que non saian moito pola televisión pero polas redes sociais son todo un acontecemento- os eventos dedicados aos grandes xogadores xa son un gran acontecemento.

Podemos atopar entre os máis destacados

Madrid Games Week (MGW): o evento máis importante de España. Desde o 1 de outubro ata o 4, Ifema, coa colaboración da Asociación Española de Videoxogos, organiza a edición máis ambiciosa dedicada aos videoxogos. A feira, que adianta a súa celebración para integrarse no circuíto internacional, contará con máis de 140 expositores. MGW tamén amplía a súa superficie nos pavillóns 8 e 10 de IFEMA ata case os 30.000 metros cadrados, unha cifra que case duplica a de 2014. As principais compañías do sector acudirán ao Ifema a testar aos seus clientes potenciais; alí mostrarán as súas principais novidades e grandes primicias durante os catro días que dura MGW.

Grandes xogadores, afeccionados, presentacións cargadas de canóns de luz e decibelios…os xogadores e consumidores son os protagonistas deste evento, dirixido a captar a atención dos consumidores para establecer unha base que dea lugar a unha industria consolidada en España.

Games Week Berlin (GWB): Unha dos eventos relacionados cos videoxogos máis veteranos de Europa. O perfil de GWB está orientado aos profesionais do sector máis que cara aos consumidores, así que o desenvolvemento dos eventos está próximo ao dun evento de calquera outro sector profesional. A edición de 2014 contou co concurso de 10.000 desenvolvedores de videoxogos de Alemaña e o mundo nun dos eventos masivos deste sector no mundo.

ExpOtaku Coruña: celebrado o pasado maio no recinto feiral da Coruña, este evento aglutinou moitos elementos asociados á cultura urbana otaku. Os videoxogos forman unha parte desta cultura pero este evento estivo dedicado a reunir a profesionais de diferentes sectores, como a edición, téxtil ou animación mentres que os videoxogos ocuparon un papel destinado aos xogadores máis que aos desenvolvedores de videoxogos.

Estes eventos orientados a creadores e consumidores prometen crecer no noso país e aportar moitas sorpresas nun futuro máis próximos dos que nos imaxinamos.

Gustaríavos un evento así en Santiago?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *