Organizadores de Fairway, Forum do Camiño de Santiago

organizacion-eventos-galicia-santiago-fairway

 

Trevisani é organizadora de Fairway Fórum do Camiño de Santiago

Este innovador evento, que aúna congreso con feira profesional, viviu a súa primeira edición na Cidade da Cultura de Galicia, no 2015. O éxito de Fairway asegura a súa continuidade.

Máis de 1200 citas de intercambio comercial entre empresas vinculadas ao Camiño de Santiago con máis de 25 turoperadores nacionais e internacionais, medio cento de expositores e algo máis dun centenar de empresas  tiveron a oportunidade de expoñer os seus produtos e servizos vinculados á Ruta Xacobea.

Trátase dun encontro de análise e de profunda reflexión e intercambio de experiencias entre peregrinos pero tamén entre administracións e responsables doutras rutas de peregrinación que se deron cita en Fairway, o Forum do Camiño de Santiago.

Toda a información sobre esta cita está dispoñible no portal web www.fairwaysantiago.com

Tarefas levadas a cabo por Trevisani en Fairway Fórum del Camino de Santiago

Entre os traballos desenvolvidos por Trevisani neste evento con congreso están:

  • Secretaría técnica
  • Comercialización
  • Imaxe
  • Conceptualización
  • Deseño de escenografía e montaxes creativas
  • Produción
  • Protocolo e relacións públicas
  • Relacións coa administración e patrocinadores
  • Persoal auxiliar e azafatas
  • Control e confirmación de asistencias
  • Arquitectura efémera
  • Xestión de relatores e expositores
  • Bases de datos
  • Atención ao directo
  • Comunicación

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *