Adiántate ao resultado do teu evento grazas ao Big Data
Imaxínaste poder predicir o comportamento dos teus invitados nun evento? E que tal se coñeces previamente os seus gustos, procedencia, nivel de formación, perfil profesional e intereses? Coa tecnoloxía Big Data isto é posible, xa que permite relacionar un volume impensable de datos e convertelo en coñecemento de calidade antes e durante o evento, e polo tanto predicir que vai pasar e realizar os cambios pertinentes para garantir o éxito do evento.
Goza do teu evento con tranquilidade
Xa non fai falta estar pendente das caras e reaccións dos asistentes ao noso evento para saber se o noso traballo está a funcionar ou se temos que facer algún cambio. Tampouco é necesario ir detrás dos clientes para preguntarlles se “está todo ben” ou se podemos mellorar algo. Non fai falta esperar á reunión final co cliente para avaliar os resultados e “comprender” que poderiamos facer mellor e telo en conta para a próxima vez. Agora xa é posible ter información obxectiva de calidade antes ou durante o evento, que nos permita decidir que cambios debemos de introducir para conseguir que o evento teña o maior éxito posible.
Pero, sabes que é o Big Data?
Por se aínda non o sabes, Big Data é a tecnoloxía que permite procesar, correlacionar e analizar en tempo real billóns de datos e transformalos nun coñecemento de gran valor para a empresa e por tanto para o negocio. A análise destes billóns de datos permite atopar relacións entre datos que a primeira vista non teñen nada que ver, pero permiten detectar patróns, tendencias e correlacións para poder tomar decisións informadas, de aí a súa utilidade.
Anticiparaste ao éxito do evento
Posto que o Big Data é tan importante, a maioría das empresas hoxe en día teñen diferentes equipos que analizan os datos, preparan informes, visualizan os datos e interprétanos. Hai un traballo de equipo: os expertos en datos sacan os datos que son necesarios, e daquela alguén con experiencia en vendas interprétaos.
Pero un evento nunca será un mero exercicio de datos: o importante é a experiencia, e a tecnoloxía axuda a mellorar esta experiencia, medila e personalizala. Os datos axudan a saber que é o que os asistentes queren ou necesitan.
As aplicacións destes datos aos eventos son múltiples, permitindo poder contar con timelines dinámicos, que se poidan modificar e mellorar sobre a marcha dun evento en función daqueles parámetros que consideremos importantes medir para testar o desenvolvemento do evento. O Big Data permite que aquilo que agora é simple azar, poida ser controlado polo organizador do evento.
Tanto redes sociais como apps creadas para eventos xogan un papel moi importante para o Big Data debido á gran cantidade de información que xeran. Ata o momento, as informacións que se obtiñan nos eventos eran basicamente aquelas recollidas durante o proceso de inscrición e permitían saber o número de asistentes, como accederan ao recinto, o seu lugar de procedencia etc. Agora, a recollida de información será máis ampla xa que, a través das redes sociais, pódese coñecer a reacción emocional do asistente, a súa reacción ante os relatorios e contidos ou actividades do programa deseñado para o acto.
En Trevisani faremos que o teu evento sexa perfecto. Contacta con nós, estamos preparados!