O día AeR

10359163_10204090499571997_8989339134074633387_nO pasado sábado foi un día moi especial: casaron dúas persoas marabillosas, dous grandes amigos e tamén compañeiros de fatigas e aventuras ás que uniu este mundo tolo de proxectos, precipitacións, días sen horarios … E entre pedidos, planos e orzamentos convertéronse no mellor equipo.

O pasado sábado unha parte moi importante das nosas vidas, unha persoa á que en grande medida debemos que Trevisani sexa o que é, estaba preciosa, radiante e máis feliz que nunca. E nos estabamos alí para compartir e gozar desa felicidade. E alegrámonos con e por eles.

E o Pazo de Adrán foi testemuña dun fantástico encontro con moitos amigos, persoas coas que temos traballado man a man e coas  que tamén compartimos moitas horas, ilusións, presas e risas. Persoas que aínda que tomaron rumbos distintos, forman parte da intrahistoria de Trevisani para sempre e que deixaron o seu poso no noso presente; desde aquela primeira oficina en Xeneral Pardiñas, ou no Pombal, naqueles tempos no tan remotos nos que empezamos a facer posible o imposible.

O pasado sábado non foi o día D; foi o día A e R. E foi perfecto. ¡Querémosvos!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *