O día despois do Fórum Gastronómico
O Fórum Gastronómico de A Coruña deixounos cansos, moi cansos pero moi satisfeitos.
Cada vez somos “máis equipo” cos nosos amigos de PPVA, a resposta da Coruña foi fantástica, as previsións de asistentes e expositores quedáronse curtas, xa se concretou que o seguinte Fórum na cidade será en 2015…
E o día despois da rolda de prensa de valoración chegamos á oficina, e o teléfono empezou a soar…
E resulta que non imos poder descansar: congresos médicos, chamada da Asociación de Actores e Actrices de Galicia para ir preparando os Premios María Casares, primeiros pasos dos Mestre Mateo, algunha sorpresa inesperada da que informaremos…
Si, estamos cansos pero estamos felices de seguir traballando no que nos gusta.