Comunicación non verbal para eventos públicos

Comunicación no verbalAs primeiras borrascas da tempada alcanzan Santiago e recórdannos dúas cousas: a primeira, o verán 2015 xa pode ocupar o seu lugar no baúl dos recordos; a segunda, que comeza a época con máis congresos e eventos do ano. dedicamos varios post do blog a ocuparnos de aspectos loxísticos que rodean a un evento e a avances que a tecnoloxía prové para facer destas reunións comerciais un momento reseñable que aporte información valiosa pero que pasa cos expoñentes; como poden mellorar a efectividade dos seus relatorios? Escribimos sobre comunicación verbal para eventos.

A comunicación non verbal comprende un gran rango de xestos faciais que podemos expresar sen darnos conta, como colocamos os nosos brazos ou cal é a postura das nosas pernas, sexan posturas conscientes ou casuais. Ata está no ton de voz que empregamos para dirixirnos ao noso público. Estas pequenas informacións reunidas causan unha impresión na audiencia que atende á nosa exposición, así que podemos utilizala para que xogue ao noso favor. Trátase que a naturalidade na apostura e a seguridade no ton que empreguemos reforcen a mensaxe que queremos transmitir.

Contacto visual: é importante que manteñamos un contacto visual co auditorio ao que nos diriximos. Os ollos revelan parte do noso ánimo e confianza á hora de comunicar ideas. Aínda así, non debemos buscar un contacto visual forzado, nin mirar detidamente a unha ou dúas persoas. O mellor é mirar sucesivamente a diferentes persoas da sala entre 3 e 6 segundos en dirección ao terzo superior do corpo do noso público, isto é, desde os ombreiros cara arriba ou o que en linguaxe cinematográfica coñécese como primeiro plano. É importante que a nosa mirada non reflicta xestos brusco; por exemplo, si vemos a dúas persoas que falan entre elas mentres expoñemos, non debemos deixar que se reflicta nun moín de desagrado.

Xesto facial: o máis relaxado posible. Por suposto, non arquear as cellas ou engurrar o ceno; aínda que isto non quere dicir que teñamos que manter un ritcus de seriedade durante a exposición. Un pequeno truco para poñer un xesto relaxado e natural antes de comezar a falar: soltamos a tensión nas mandíbulas, que os dentes superiores e inferiores non se toquen e coloca a lingua no paladar. Esta é a nosa cara relaxada, a partir de aquí xa podemos comezar a nosa exposición. Cando nos presentemos á audiencia non debemos esquecer sorrir. Non se trata de rirnos ata que se nos vexa a campanilla senón que un lixeiro sorriso nun rostro relaxado aportará esa tranquilidade e sinxeleza que axudará a conectar cos asistentes.

Brazos e mans: en ningún caso debemos estar cos brazos cruzados ou con eles ríxidos pegados ao corpo. Si a presentación conta cun atril, podemos apoialos desde o cóbado. As mans son un aliado: unha xesticulación comedida pode axudar a enfatizar algúns puntos de vista que consideremos de interese para a audiencia.

Comunicación non verbalPostura: con postura referímosnos/referímonos a como está o noso corpo mentres estamos falando, xa sexa de pé, sentados ou dando un pequeno rodeo. Si imos facer unha presentación de pé ou dando pequenos paseos, é importante que nos manteñamos ben ergueitos. Ollo, dicimos ergueito, non tesos como un taboleiro. O truco para conseguir unha postura ergueita e natural está nos ombreiros: canto máis os despracemos cara atrás, lonxe do peito, máis ergueitos estaremos. Si facemos unha exposición sentados, é mellor que evitemos calquera tipo de tics que denoten nerviosismo.

Indumentaria: cada sector profesional ten o seu propio código de vestimenta. Iso si, si imos expoñer diante dun público hai un consello común: evitar o uso abusivo de complementos, e isto é válido tanto para homes como para mulleres. Nada distrae máis que o efecto “árbore de Nadal”.

E ata aquí estas breves indicacións. Esperamos que teñades moito éxito nas exposicións agora que chega o outono e o tempo de congresos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *