Elixir a música correcta para o teu evento ou presentación
Os detalles son os que van facer do teu evento ou presentación corporativa sexa un rotundo éxito ou unha data máis para os asistentes. A música é un deses elementos aos que se dá pouco peso, pasando a ser unha parte secundaria na planificación, e que con todo pode converterse nese toque especial que sempre buscamos. Como? Dámosvos algúns consellos segundo a situación na que traballemos:
- Música ambiental: á hora de elixir unha banda sonora para o teu evento ou presentación debemos ter en conta a tipoloxía da cita. A música chill-out é sempre unha aposta segura, pero tamén o máis manido nestes casos. Unha boa selección de jazz instrumental xerará unha atmosfera elegante e sofisticada, unha playlist baseada en swing ou blues achegará dinamismo e frescura. Se a marca coa que traballamos ou a cita en cuestión é máis moderna e rompedora, recomendámosvos música electrónica independente, un recurso que cada vez máis empresas de automóbiles ou roupa utilizan nos seus anuncios. Sen dúbida será esencial para transmitir a través de todos os sentidos a mensaxe que queremos lanzar.
- Música en directo: sempre unha boa maneira de chamar a atención dos medios e xerar unha maior expectación ao redor do teu evento ou presentación. Neste punto propoñémosvos dúas opcións diferentes, segundo o obxectivo:
– Sesión DJ: se dispoñemos de pouco orzamento, unha maneira de que o caché do artista non sexa tan elevado, do mesmo xeito que os custos de produción. Perfecto para animar e dar énfase ao final do evento ou para momentos concretos nos que queremos que os asistentes charlen ou proben produtos de forma distendida. Neste caso podemos volver apostar por diferentes estilos, como xa recomendamos anteriormente no caso de música ambiental.
– Actuación dun grupo: normalmente elévanse os custos ao ser un maior número de artistas os que interveñen. Segundo os instrumentos e o xénero, os custos poden subir bastante, aínda que temos algunhas vantaxes con respecto a unha sesión DJ:
1. Máis estilos onde elixir: música clásica, de raíz, mestizaxe ou máis comercial. En directo sempre moito mellor que gravado, xa que o efecto con respecto ao público é de maior impacto.
2. Posibilidade de incluír o espectáculo en moitos momentos do noso evento ou presentación: ao comezo, antes dunha pausa, nos intermedios dunha programación longa con pequenas pezas… e unha infinidade de opcións.
3. Moito máis impactante para medios e asistentes: tanto como reclamo como in situ, sempre chega moito mellor a música tocada polos músicos no momento.
Último consello:
Ás veces obsesionámonos con buscar melodías ou grupos famosos, cando a oportunidade ás veces está nas bandas emerxentes ou pequenos conxuntos locais. Máis económicos, con máis interese en dar a coñecer que participarán no noso evento ou presentación e ás veces emocionalmente máis interesantes. Podemos por exemplo, falar coa escola de música ou conservatorio da localización escollida e pedir unha actuación dos alumnos máis novos.
Se necesitas que che axudemos coa organización dun evento, non dubides en chamarnos! Contamos cunha dilatada experiencia e un equipo xa preparado para poñerse ao choio.