As claves para obter o éxito no teu evento
Organizar calquera evento require dunha planificación estratéxica global na que debemos ter en conta unha serie de claves que nos axuden a lograr o obxectivo que buscamos, transmitir os valores de marca e xerar experiencias que perduren na mente dos participantes.
A gran vantaxe de organizar un evento con éxito é que reforzaremos a imaxe de marca e a reputación. Por iso, en Trevisani temos moi claras as claves do éxito na organización de eventos:
1. Ter claro o obxectivo principal do evento. Que queremos conseguir con esta actividade?, que necesitamos para conseguilo? Para fixar o obxectivo hai que ter en conta que os invitados deben ter un bo motivo para acudir.
2. Coñecer ben os valores da empresa. Un evento é unha gran oportunidade para transmitir a imaxe de marca da empresa. Debemos ter en conta en todo momento o que queremos transmitir.
3. Poñerse no lugar do cliente. Debemos ter en conta en todo momento as expectativas do cliente para poder así satisfacelas. A satisfacción do cliente é o maior éxito.
4. Elaborar un plan detallado. Un bo guión é primordial para que o evento teña un final exitoso. Dentro da estratexia débese incluír todos os puntos que conforman o evento por exemplo o timing, mensaxes a transmitir, decoración, merchandising, etc.
5. Xerar experiencias. Apostar por eventos personalizados, orixinais e únicos, xerar sensacións orixinais e accións creativas.
6. Coidar todos os detalles. Todos os detalles, por moi pequenos que sexan, farán que sexa unha experiencia agradable e máis fácil de lembrar.
7. Promocionar o evento. As redes sociais son o mellor método para informar do evento. Tamén o son a web, o telemarketing, invitacións por emailing ou notas de prensa a medios de comunicación.
8. Actuar como gran anfitrión. Débese satisfacer aos invitados, facerlles sentir cómodos pero sen perder de vista o obxectivo do evento sempre con seguridade e confianza.
9. Deixarse asesorar por expertos. Aínda que poida parecer que é algo sinxelo é mellor deixalo en mans de profesionais para asegurarse o éxito.
Unha boa organización influirá no éxito do evento. Así é como Trevisani traballa día a día na organización de eventos para que estes sexan perfectos e responder así as necesidades do cliente e os seus invitados.