5 accións que debes evitar á hora de organizar o teu evento
Sabémolo, é moi complicado, se non imposible, non cometer ningún erro. Ademais, deles tamén se aprende. Por iso, a experiencia levounos a recompilar varios aspectos nos que non hai que caer, o que poderiamos chamar os “5 Pecados Capitais dos eventos”.
- Non improvises
Estamos, máis que nunca, na hora de innovar. Pero innovar non quere dicir improvisar. Se non queres que o teu evento faga augas, has de ter todos os factores que dependan de ti ben atados. Evidentemente, á hora da verdade non todo sae como se arranxou, pero non teremos tempo para arranxar varios danos á vez.
- Non dependas só de ti
O traballo en equipo é nun 90% dos casos unha das claves do éxito. Cada persoa ofrecerá unha perspectiva, unha idea ou unha opinión diferente que axudará a que o proxecto, ademais de ser máis flexible, chegue a un público máis variado. Da mesma maneira, a túa empresa tampouco será capaz de organizar ou ofrecer todos os servizos, polo que non teñas medo de botar man de profesionais.
- Non te esquezas do “Día despois”
“A previa” marca a dirección na que navegará o voso evento, é imposible evitala. O que non debedes evitar son as accións posteriores: valoración e avaliación dos resultados. Axudaranvos a mellorar e liquidar os puntos débiles para futuras ocasións.
- Non te afastes do tema base
Un exceso de actividades, participantes (non público), ou demasiado “recheo” poden derivar nunha visión borrosa do obxectivo por parte do público. Por iso, define previamente que é o que máis importante e destácao, co obxectivo divisado o resto faise só!
- Non deixes de lado o factor sorpresa
Lembra: innovar non é o mesmo que improvisar. Ter o control é fundamental e permitirache quedar cun as baixo a manga e gañar ó público. O factor sorpresa has de darllo ti ó público e non ao revés! Está comprobado que as sorpresas teñen un efecto positivo se teñen un mínimo de investigación e traballo detrás, aprovéitao!
Como che diciamos, dos erros apréndese, e apréndese a base de experiencia. En Trevisani aválannos anos de traballo, nos que aprendemos a evitar tropezóns como os anteriores. Confíanos o teu evento e aprende connosco a convertelo nun éxito!