4 ingredientes para conseguir un evento impactante

Como xa imos vendo dende hai meses, o mundo dos eventos, feiras e congresos e o das Relacións Públicas evolucionou, en xeral. O gran volume de citas empresariais e mesmo as que teñen que ver co noso ocio e os escasos recursos económicos dos que dispoñemos volvéronnos esixentes e selectivos. Buscamos experiencias diferentes e propostas orixinais. Non te quedes atrás e dálle unha volta ao que planifiques. Con algúns cambios sorprenderás o teu público e xerarás curiosidade no teu sector.

  1. Espazo diferente

Non temos que facer un concerto na Antártida como  Coca Cola, pero si podemos escoller escenarios moi diferentes que nos permitan dar un enfoque divertido e moderno. Asume o reto e busca espazos que transmitan valores de marca. Hoxe en día temos moitas facilidades para desempeñar esta tarefa xa que por desgracia hai multitude de edificios e localizacións en desuso a causa da crise. Podería ser, ademais, unha boa oportunidade de conseguiren mellores prezos.

  1. Pensa “outside the box”

Pensa en como sorprendelos, como saírte do establecido. Moitas veces non se trata de planificar ao grande senón en buscar detalles que conquisten os asistentes ou un novo concepto de evento que non se formulase nunca. A tecnoloxía está da nosa parte e afortunadamente podemos encontrar no mercado solucións interesantes para innovar en canto ao audio, o vídeo ou mesmo á hora de crear un photocall impactante. Non deixes que revisar a actualidade internacional do sector e non teñas medo a arriscar.

3. Equipo
As azafatas, camareiros, artistas e todo o equipo de produción poden ser a túa gran baza para o éxito. Escoller coidadosamente os seus perfís, o seu vestiario e planificar correctamente o protocolo é importante, pero tamén podes realizar unha pequena formación para que a benvida, por exemplo, sexa especial. Todo o staff debe formar parte da posta en escena do teu evento, úsao para marcar a diferenza!

4. Os detalles

Ás veces un simple aperitivo, un regalo ou un cóctel poden ser clave para chamar a atención do teu sector. Ponte na pel do teu público potencial e pensa naquilo que podería conquistalos. Non copies e non repitas; busca conceptos innovadores, en tendencia. Inviste unha parte do teu presuposto en conseguir que sintan emocións, xa sexa sorpresa, empatía ou tenrura. Se o consegues, teralos conquistado.

En Trevisani somos especialistas na produción integral de eventos: organización, contratación de azafatas, comunicación, protocolo e relacións públicas. Numerosas empresas e organizacións xa confiaron en nós, como a dirección do Fórum Gastronómico, o Consello Regulador da D.O. Ribeiro, Rías Baixas ou o Concello de Santiago de Compostela con Santiago(é)Tapas. Se queres innovar, somos a túa empresa!.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *