Celébrase a primeira rolda de votacións dos XVI Premios Mestre Mateo
A primeira rolda de votacións dos académicos galegos sitúa o filme Dhogs como a produción máis votada, acaparando 17 candidaturas nos Premios Mestre Mateo
O audiovisual galego prepárase para a 16ª edición dos seus Premios Mestre Mateo e xa ten candidatos destacados.
A Academia Galega do Audiovisual anunciou, nun acto conducido por María Mera e Monti Castiñeiras na sede compostelana da SGAE, os nomes dos proxectos e profesionais finalistas en cada unha das 25 categorías dos Premios Mestre Mateo.
Trevisani estivo presente no evento no que se fixeron públicos eses nomes.
Entre as nominacións polas que compite o filme Dhogs atópanse: mellor longametraxe e mellor guión, dirección e montaxe para Andrés Goteira, que comparte a última con Juan Galiñanes.
Tamén compiten Iván Marcos e Melania Cruz pola mellor interpretación protagonista e María Costas, Antonio Durán “Morris”, Carlos Blanco e Miguel de Lira polas de reparto.
Os premios entregaranse o sábado 3 de marzo no Pazo da Ópera da Coruña, nunha gala conducida pola actriz Iolanda Muíños.
Algúns candidatos a los Premios Mestre Mateo
ADN galego, A Revista Fin de Semana, Land Rober Tunai Show e Que casas! compiten polo premio ao mellor programa de TV. Mentres que María Solar, Nieves Rodríguez, Roberto Vilar e Rodrigo Vázquez se enfrentan polo de mellor comunicador.
Se queres coñecer tódolos nominados a cada unha das 25 categorías dos XVI Premios Mestre Mateo, preme aquí.
Un ano máis, Trevisani apoia o audiovisual galego e volve ser colaborador dos galardóns.
Entre as angueiras que leva a cabo Trevisani nos Premios Mestre Mateo están:
- Protocolo e relacións públicas
- Atención ao directo
- Persoal auxiliar
- Envío de invitacións
- Confirmación de asistencias
- Coordinación de públicos e asistentes
- Control de acceso
- Coordinación de nomeados