Xornada técnica médica sobre E-health na capital de Galicia

Jornada técnica E-health Acis Sergas

ACIS en colaboración co Servizo Galego de Saúde celebrou o 19 de xaneiro a xornada técnica e-health para a definición de principios de interoperatividade e innovación de APPs

Esta xornada ACIS de e-health enmárcase como resultado da liña de actuación de Empoderamento do Paciente do Plan de Innovación Sanitaria Código 100.

Trátase dun plan executado no marco dun convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Ministerio de Economía, Industria e Competitividade.

O congreso médico desenvolveuse na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Este proxecto está financiado nun 80% por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) 2014-2020 do Programa Operativo de Crecemento Intelixente (POCINT).

A inauguración da xornada correu a cargo do Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, que recordou que o crecemento do uso das tecnoloxías no ámbito sanitario é imparable.

Como exemplo da aposta de innovación por parte do Servizo Galego de Saúde,  destacou proxectos como a plataforma de intercambio de información E-Saúde ou o proxecto Código100.

Desenvolvemento do congreso médico sobre e-health

A xornada de e-health, dividida en tres mesas de debate, contou coa presenza de relatores de sona.

Na primeira mesa de debate, moderada por Julien Venne da ECHAlliance, abordouse a temática dos estándares orientados á integración de solucións para o empoderamento de pacientes dende a perspectiva europea.

Nela estiveron actores da Comisión Europea, Servizo Galego de Saúde, Personal Connected Health Alliance e o Ministerio de Saúde de Portugal.

Chegou logo a mesa de debate moderada, por Pilar Farjas da Consellería de Sanidade, analizáronse as características funcionais e de usabilidade dende o punto de vista dos usuarios.

Reparouse en casos de éxito como E-Saúde e TELEA do Servizo Galego de Saúde, iniciativas do País Vasco e Portugal, e a visión dos pacientes e a integración de servizos sociais e de saúde.

Coma peche, na mesa de debate moderada por Benigno Rosón, Subdirector Xeral de Sistemas e Tecnoloxías da Información da Consellería de Sanidade abordáronse os modelos de arquitectura e estándares e normas europeas na implementación de solucións con proxectos como ACTIVAGE.

A clausura da xornada sobre e-health correu a cargo do Secretario Xeral da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes Losada.

Tarefas da empresa de organización de eventos Trevisani

Trevisani encargouse da secretaría técnica deste congreso médico coidando tódolos detalles para o perfecto transcurso de todo o evento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *