Xornada dos clubs de lectura escolares de Galicia, no Palacio de Congresos de Santiago

X Xornada dos Clubs de lectura en prensa e redes sociaisUns novecentos alumnos e máis de douscentos trinta profesores acudiron a esta Xornada dos clubs de lectura, evento que celebraba su décima edición

Santiago de Compostela acolleu o sábado 17 de xuño a “X Xornada de clubs de lectura, un evento que precisou dun enorme traballo de coordinación.

A organización e iniciativa correu a cargo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta.

A cita foi no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia e a empresa de organización de eventos Trevisani estivo moi implicada no seu desenvolvemento.

Participaron preto de 900 lectores, alumnado e adultos, procedentes de 93 centros educativos; a maiores do profesorado coordinador, 237 persoas máis.

Dese xeito, estivo presente alumnado de ESO, bacharelato, formación profesional, escolas oficiais de idiomas…

En total, unhas 1.200 persoas puideron gozar dun día arredor da lectura e dos autores e autoras do país.

No seu programa faltaron cómic, audiovisual, cine, teatro, música, culturas urbanas, xornalismo cultural, radio, narración…

Con todo, e polas limitacións de capacidade, neste evento non estivo nin o 10% dos lectores que forman parte destes clubs.

Traballo de Trevisani na X Xornada dos Clubs de Lectura de Galicia

A empresa de organización de eventos Trevisani traballou arreo xa dende os primeiros pasos desta Xornada.

Entre as súas múltiples tarefas estiveron:

  • Dirección de produción
  • Secretaría técnica
  • Apoio á coordinación de centros
  • Control de asistencias
  • Apoio en imaxe e comunicación
  • Persoal auxiliar e azafatas

Nota oficial da Xunta de Galicia

programa xornada clubes de lectura

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *