Éxito da XII Reunión Anual da Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria
A empresa de organización de eventos Trevisani volveu ser requirida por AGAPap para este congreso médico que tivo moito seguimento nos medios de comunicación
A Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria AGAPap celebrou o sábado 21 de abril a súa XII reunión anual, na que se trataron distintas temáticas como as vacinas, síncopes na adolescencia, saúde bucal ou velenos na literatura policiaca, coa asistencia de 100 facultativos.
A empresa de organización de eventos Trevisani volveu ser requirida por AGAPap para este congreso médico.
O evento contou cun grande seguimento por parte dos medios de comunicación, con desprazamento de emisoras de radio, axencias de noticias e un equipo da Televisión de Galicia.
Ademais, o programa A Revista Fin de Semana efectuou unha entrevista en estudio á doutora Amparo Rodríguez Lombardía, presidenta de AGAPap
Na inauguración, Amparo Rodríguez tendeu a man á administración e salientou os principais obxectivos da Asociación: que todos os nenos galegos teñan un pediatra de cabeceira e poder ofrecerlles a mellor atención, a eles e máis ás súas familias.
“Cos recursos humanos que temos actualmente, cómpre que todos nos poñamos a traballar nun modelo de atención que, mantendo a figura do pediatra nos Centros de Saúde, optimice os recursos existentes e mellore as condicións nas que desempeñamos o noso traballo. Un modelo que, mesmo, atraia novos profesionais á nosa Comunidade”, apuntou.
No acto tamén tomou a palabra o conselleiro de Sanidade da Xunta, Jesús Vázquez Almuiña; e o presidente de SOPEGA, José Ramón Fernández.
Relatorios no evento
A reunión iniciouse cun relatorio sobre “Actualización de vacinas: xeralidades e propostas do comité asesor de vacinas da Asociación Española de Pediatría”, a cargo do doutor Manolo Merino Moína, vogal do comité asesor de vacinas da Asociación Española de Pediatría e participante do grupo PrevInfad da AEPap.
En “Últimas pautas de actuación na exploración bucal de nosos pequenos pacientes”, os doutores Ana Fernández Celemín e Francisco Sánchez González-Dans, odontopediatras na Coruña, detivéronse nos protocolos máis utilizados en odontopediatría.
A maloclusión é o mal aliñamento dos dentes ou na forma en que os dentes superiores e inferiores encaixan entre si. Ademais, tratáronse a aparición de carie na lactación prolongada a demanda e a MIH (Hipomineralización Molar Incisiva).
Pola tarde falouse de cardioloxía e síncopes nos adolescentes e nenos. A doutora María Isabel Martínez Soto, impartíu o seminario “Na vida nada é para sempre e os síncopes non sempre son vagais”, en substitución do doutor Javier Pérez-Lescure, quen finalmente non puido desprazarse á reunión.
O relatorio “O veleno na literatura policíaca” servíu como peche; impartiuno o doutor Alfonso Velasco Martín, profesor emérito de Farmacoloxía.
Angueiras de Trevisani neste congreso médico
Trevisani encargouse na XII Reunión Anual de AGAPap de:
- Secretaría técnica
- Dinamización e xestión de asistencias
- Personal auxiliar e azafatas
- Apoio en protocolo e relacións públicas
- Comunicación, gabinete de prensa e dinamización do evento entre xornalistas
- Reservas e xestión de relatores
- Relación con imprenta e outros proveedores
- Control de produción