Presentación da Feira da Artesanía e dos eventos turísticos de Vila do Conde (Portugal) en Galicia

comunicacion-turismo-galicia-vila-do-conde

Vila do Conde confiou en Trevisani para contactar cos medios de comunicación galegos e montar unha rolda de prensa en Santiago de Compostela para presentar os seus eventos en Galicia

Vila do Conde (Portugal) presentou a 38ª edición da súa tradicional “Feira do Artesanato”, a cita sobre artesanía máis antiga e importante de Portugal que este ano celebrarase do 25 de xullo ao 9 de agosto.

Un acto público celebrado na oficina de turismo de Porto e Norte de Portugal en Santiago de Compostela, con presenza de artesáns e doces típicos, serviu para divulgar os recursos turísticos e gastronómicos do municipio situado no distrito do Porto.

A presidenta da Câmara Municipal de Vila do Conde, Elisa Ferraz, salientou na súa intervención os seus vínculos con Galicia e as posibilidades que ofrece unha visita á localidade, con motivo de eventos como a Feira de Artesanía; a recreación centrada no mar e na historia” Um Porto para o Mundo”, do 20 ao 23 de agosto; ou a Feira de Gastronomía Portuguesa, entre o 21 e o 30 de agosto.

Vila do Conde “Terra de luz, Brilho de mar” atesoura 25 praias con bandeira azul e polo seu territorio transcorren 2 camiños de Santiago. Conta cun importante patrimonio histórico e natural, conxugando océano e montañas.

Trevisani mantén unha relación de colaboración coa empresa Omnisinal Communication situada no Porto que serve coma ponte para algunhas accións en común.

38ª Feira Nacional de Artesanía

Nesta Feira da Artesanía reúnense cada ano 200 expositores e artesáns que traballan ao vivo. Vila do Conde é o centro da “renda de bilros”, o prezado encaixe tradicional do que é referencia mundial; pero á cita tamén acoden xoieiros, cesteiros, canteiros e especialistas en cerámica ou marroquinaría.

Todas as rexións de Portugal están representadas nun evento do que Galicia foi convidado de honra durante dous anos.

As rendas de birlos foron unha fonte tradicional de recursos para moitas familias que foi a menos coa industrialización pero que sempre seguiu viva. A innovación chegou a esta tradición e está a pórse en valor, aplicándoa a novos produtos, incluso á xoiería. Está a buscarse unha certificación da marca “renda de birlos” e máis da artesanía en xeral.

A Câmara Municipal de Vila do Conde ofrece guías para os grupos organizados que visitan á cidade, pódense xestionar contactando coa propia Câmara o a través da Oficina de Turismo Porto e Norte de Portugal de Santiago (teléfono 981 565 590).

Neste momento está a crearse a maior “renda de bilros del mundo” que será candidata ao Guiness World Records e que será amosada o 2 de agosto, trala unión de máis de 1.000 “bilros” (cadrados) elaborados por artesáns de distintas idades, incluso nenos de 3 ou 4 años.

En Vila do Conde enténdese a artesanía na lóxica suxerida pola UNESCO: “Os produtos artesanais son bens fabricados por artesáns, sexa enteiramente a man, sexa coa axuda de medios mecánicos comandados a man. Nestes produtos a contribución manual do artesán é o elemento máis importante do produto final”.

Um Porto para o Mundo

Do 20 ao 23 de agosto será a quenda de “Um Porto para o Mundo”. Trátase dunha recreación, a través do teatro comunitario, da época na que a construción naval en madeira de Vila de Conde impulsou a navegación e a expansión marítima de Portugal. Actores profesionais e amadores entrarán en acción nun espectáculo que parte da colaboración entre Vila do Conde e Sao Paulo, a primeira cidade constituída en Brasil na época dos descubrimentos.

17ª Feira de Gastronomía da cociña portuguesa

Entre o 21 e o 30 de agosto vai chegar a 17ª Feira de gastronomía da cociña portuguesa, con máis de 60 postos e restaurantes nos que gozar do mellor de Portugal, tanto en produtos como en elaboracións: pan tradicional, sobremesas, doces conventuais, meles, carnes afumadas, queixos, aceites, viños, herbas aromáticas, tés e infusións, compotas…

Precisamente, os doces conventuais son unha tradición arraigada en Vila do Conde, ligada ao seu convento de Santa Clara. Entre as súas creacións destacan os beijos da freira (bicos de monxa), sapatetas, medias-lúas… O convento funcionou como tal dende 1318 a 1892.

Outra gran cita monográfica deste ano será “Memorias no centro da festa”, o 5 e o 6 de setembro, un evento cultural multidimensional con espectáculos de danza, música, teatro, obradoiros…

Ademais, do 10 ao 13 de setembro celébrase Portugal Rural, un evento con expositores agrícolas e gandeiros; o municipio é o meirande produtor de leite do país.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *