O Monbus Obradoiro organizou a sétima edición de ‘Basket & Cheese’, patrocinada por Queixería Barral
Séptima edición del ‘Basket&Cheese’, evento montado por el Monbus Obradoiro que liga deporte y empresa
O mércores 20 de marzo celebrouse a sétima edición do ‘ Basket& Cheese’, evento que asocia deporte e empresa da man do Monbus Obradoiro CAB.
A cita, patrocinada por Queixería Barral, desenvolveuse en Santiago, na Cidade da Cultura.
A charla coloquio virou arredor da temática ‘Deporte e patrocinios na era dixital’ e foi moderada polo xornalista da Radio Galega, Raúl Villares.
Contou con catro relatores de luxo: Vilma Otero, directora de márketing de Cenor; Julián Aranda, scout dos San Antonio Spurs; Alberto Branco, membro do corpo técnico do Lietuvos Rytas; e Elena Palazuelos, directora comercial de ACB.
O evento clausurouse coa entrega do III Premio Club de Empresas Obradoiro Basket & Cheese – Queixería Barral a Tonecho Lorenzo, pola súa andaina deportiva e humana.
Trevisani colaborou na posta en marcha desta cita, ao que acudiron máis de 100 profesionais.