V Xornada Empresa e Deporte do Monbus Obradoiro
A V Xornada Empresa e Deporte terá lugar o vindeiro 21 de febreiro ás 19.30 horas no Gran Hotel Los Abetos, en Santiago de Compostela
O Monbus Obradoiro organiza un novo evento sumando empresa e deporte, a V Xornada Empresa e Deporte, na que colabora Trevisani.
Este evento estará dirixido por Juancho Armental, xerente de Arestora Consultores. Ademais, os patrocinadores interactuarán con:
- O adestrador del Monbus Obradoiro, Moncho Fernández
- O chef galego, Alberto Lareo, do Restaurante Manso.
- O presentador de Land Rober, Roberto Vilar
Os tres protagonistas responderán as preguntas de Juancho Armental sobre diferentes situacións adversas relacionadas coa xestión de grupos no deporte, a gastronomía e o audiovisual.
Trevisani
A empresa de organización de eventos e congresos Trevisani colabora en distintas facetas co club galego da Liga Endesa ACB de baloncesto.
En concreto, nesta xornada encárgase de:
- Xestión e confirmación de asistencias
- Apoio en protocolo e relacións públicas
- Secretaría técnica
- Apoio no directo