Balance dos Premios Mestre Mateo 2018
Un ano máis, Trevisani apoia o audiovisual de Galicia sendo colaborador / patrocinador dos Premios Mestre Mateo
O sector audiovisual galego celebrou os seus Premios Mestre Mateo de 2018 da Academia Galega do Audiovisual no Palacio da Ópera da Coruña, a noite do 3 de marzo.
A empresa de eventos e congresos Trevisani volveu traballar arreo nesta cita, na que contou co reforzo de membros de Asociación pro personas con discapacidad intelectual de Galicia – Aspronaga.
Dhogs acaparou 13 Premios Mestre Mateo na gran gala que celebrou a pasada noite no Pazo da Ópera da Coruña e converteuse, así, na produción máis votada da historia dos premios da Academia Galega do Audiovisual.
A opera prima de Andrés Goteira conquistou os galardóns á mellor longametraxe e mellor guión, dirección e montaxe para o meirense, que comparte a última con Juan Galiñanes.
As e os académicos recoñeceron tamén a interpretación protagonista de Melania Cruz e de Iván Marcos e a interpretación de reparto de María Costas e Antonio Durán “Morris”.
Ademais do pleno nas categorías interpretativas, Dhogsgañou tamén os premios á mellor dirección de produción para Suso López, dirección de fotografía para Lucía Catoira Pan, música orixinal para Germán Díaz, dirección de arte para Noelia Vilaboa e son para David Machado e Javier Pato.
Premiados en televisión
Serramoura acadou por cuarto ano consecutivo o premio á mellor serie de TV, mentres que A Revista Fin de Semana gañou o de mellor programa de TV e Nieves Rodríguez o de mellor comunicadora polo seu traballo no Vaia Troula! Completa os premios televisivos o de Dani Viqueira Carballal e Veru Rodríguez Rodríguez pola realización de Tesouros no faiado.
Ademais de premiar a excelencia nas producións do ano, a Academia aproveita os Mestre Mateo para recoñecer a traxectoria de entidades e profesionais relevantes do audiovisual en Galicia co Premio de Honra “Fernando Rey” e co Premio Especial “José Sellier”.
Este ano, as homenaxes foron para os Multicines Norte e para a actriz María Bouzas, que o recolleu na Gala agradecendo o “espazo de liberdade, de creación e de respecto” que é a Academia Galega do Audiovisual e os premios.
Resumo da gala
A gala estivo liderada por mulleres en todos os ámbitos. Dirixiuna a directora e dramaturga Marta Pazos e conduciuna a actriz e presentadora Iolanda Muíños.
Os premios foron entregados por diversas profesionais de diferentes facetas do audiovisual galego: Sonia Méndez, Nieves Rodríguez, Belén Brandido, Virginia Curiá, Marga Pazos, Giselle Llanio, Araceli Gonda, Alicia Dapena, Isabel Rega, Beli Martínez, Encarna Alonso, Isabel Blanco e Dolores Meijomín.
Podes disfrutar da gala íntegra aquí:
Tarefas de Trevisani
Entre as tarefas que levou a cabo Trevisani nos Premios Mestre Mateo estiveron:
- Protocolo e relacións públicas
- Atención ao directo no evento
- Persoal auxiliar e azafatas
- Envío de invitacións
- Confirmación de asistencias
- Coordinación de públicos e asistentes
- Control de acceso
- Coordinación de nomeados