Trevisani, no congreso anual de OPC España

Ana García - OPC España
Fuente: OPC España

OPC España é a federación que engloba as empresas máis relevantes do sector de eventos, ferias e congresos. Conta con 13 asociaciones autonómicas, 105 empresas membro de pleno dereito e 201 empresas colaboradoras

Trevisani estivo presente no 28 Congreso Nacional de Empresas Organizadoras Profesionais de Congresos da man da súa directora, Ana Trevisani, que acudiu ao encontro en calidade de vicepresidenta de OPC Galicia.

O congreso organizado desde OPC España celebrouse en Burgos do 18 ao 20 de febreiro e Ana Trevisani participou nel como relatora na mesa redonda titulada “Oficinas de congresos: socios ou competencia?”. Dada a súa dilatada experiencia no sector de congresos e eventos, ofreceu un testemuño sobre o pasado, presente e perspectivas de futuro da oficina de congresos de Santiago de Compostela.

A mesa ofreceu os tres puntos de vista sobre a xestión de turismo de congresos como produto turístico a promocionar pola administración: administración local, xerencia dun espazo e OPC.

O resultado foi claramente unha aposta de interrelación entre as tres partes. Só coa xestión mixta pública-privada pode desenvolverse o sector. É deber da administración promocionar, dar a coñecer e fidelizar o destino. E é deber dos espazos e as OPC camiñar da man na xestión, diferenciación e calidade nos servizos prestados.

Programa

Neste congreso tratáronse moitos outros temas, entre os que destacan a necesidade imperioso de reciclaxe do sector. Esta ha de traducirse na implantación das novas tecnoloxías, a procura de formatos alternativos e máis atractivos -co fin de dar solución ás novas necesidades de comunicación e interrelación cos públicos-, a relación de complicidade con provedores, a formación especializada, a transmisión de contidos ou a implantación de calidade en todos os procesos -aínda non interiorizada por todas as empresas-.

En definitiva, expúxose a necesidade de mellora continua, a importancia de gravar a creatividade e a innovación no “disco duro” das empresas e a colaboración proactiva entre empresas afíns e provedores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *